Bodleian Library
Bodleian Library | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | biblioteca universitaria ![]() | |||
Epónimo | Thomas Bodley ![]() | |||
Parte de | Bodleian Libraries (en) ![]() ![]() | |||
Composto por
| ||||
Persoas e organizacións | ||||
Cargo dirixente | Bibliotecario de Bodley ![]() | |||
Fundador/a | Thomas Bodley ![]() | |||
Matriz | Bodleian Libraries (en) ![]() ![]() | |||
Director/a
| ||||
Ten en propiendade
| ||||
Entidades subsidiarias
| ||||
Data | ||||
Fundación | 1602 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Inglaterra ![]() | |||
País | Reino Unido ![]() | |||
Localización | Oxford ![]() | |||
Rúa | Broad Street (en) ![]() ![]() | |||
Enderezo | Radclliffe Square ![]() | |||
Ligazóns | ||||
Páxina WEB | bodleian.ox.ac.uk… ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A Biblioteca Bodleiana (en inglés: Bodleian Library) é a principal biblioteca de investigación da Universidade de Oxford. Trátase dunha das bibliotecas máis antigas de Europa, fundada por Thomas Bodley en 1602. Cuns 13 millóns de documentos impresos,[1] é a segunda biblioteca máis grande da Inglaterra, unicamente superada en tamaño pola Biblioteca Británica. Segundo a Legal Deposit Libraries Act de 2003, é unha das seis bibliotecas que se encargan do depósito legal no Reino Unido, e de acordo coa lei irlandesa pode reclamar unha copia de cada libro publicado na República de Irlanda. Coñecida polos membros da comunidade universitaria oxoniense como a "Bodley" ou "the Bod", actúa principalmente como unha biblioteca de referencia polo que, en xeral, os seus documentos non poden retirarse das salas de lectura.
No ano 2000, varias das bibliotecas da Universidade de Oxford axuntáronse por razóns administrativas baixo o nome de Oxford University Library Services (OULS). Dende 2010, chámanse Bibliotecas Bodleianas, das que a Biblioteca Bodleiana é a máis grande.
Todas as facultades da Universidade teñen a súa propia biblioteca, moitas das cales se fundaron antes da Bodleiana e son independentes dela. Porén, todas comparten SOLO (Search Oxford Libraries Online), o catálogo colectivo das Bibliotecas Bodleianas. A única excepción é a do University College, que posúe o seu propio catálogo independente. Moitos dos arquivos da biblioteca dixitalizáronse en 2015, poñéndose a disposición do público a través da internet.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bodleian Libraries (2025). "History of the Bodleian Libraries". visit.bodleian.ox.ac.uk (en inglés).
- Jones, Jonathan (2015). "Oxford’s online Bodleian archive: illumination for all". The Guardian (en inglés).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Digital Bodleian (en inglés)
- Bodleian Libraries (en inglés)