Carpaccio
Carpaccio | |
---|---|
![]() | |
Nome orixinal | carpaccio ![]() |
Tipo | receita (pt) ![]() ![]() |
Subclase de | gastronomía de Italia, raw meat dish (en) ![]() ![]() |
Epónimo | Vittore Carpaccio ![]() |
Creador/a | Giuseppe Cipriani (en) ![]() ![]() |
Prato | antepasto (pt) ![]() ![]() |
Gastronomía | gastronomía de Italia ![]() |
Orixe | |
País de orixe | Italia ![]() |
Data | |
Data de creación | 1950 ![]() |
Relacionados | |
Parte de | gastronomía de Italia ![]() |
Composto por | |
Composto por
| |
Contacto | |
TasteAtlas | carpaccio ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |

O carpaccio é unha preparación en finas láminas dunha carne ou peixe, crus. Dentro das carnes a máis usada é a de tenreira. Bótaselle aceite de oliva e algunhas gotas de limón, todo iso decorado con labras de queixo Grana Padano. É posible encontrar carpaccio de ñu ou bovino, avestruz, touro, angus, cabalo ou lontra.
Orixe
[editar | editar a fonte]Se ben a orixe exacta do prato se ignora, acostúmase afirmar que data de mediados do século XX e que procede da invención de Giuseppe Cipriani[1] no Harry's Bar de Venecia,[2] onde sería preparado a pedido dunha cliente e amiga, a condesa Amalia Nani Mocenigo, a quen o seu médico lle prescribira comer carne crúa. Pola súa similitude cromática coas obras do pintor Vittore Carpaccio, cunhas obras que se caracterizan pola profusión do vermello e o amarelo, pois foi bautizado deste xeito.
Consideracións sanitarias
[editar | editar a fonte]Todo aquel que tome este prato (de tenreira) debe asumir un risco de contaxio por teníase, aínda que a niveis sanitarios non ten problema ningún, xa que é asintomático. Recoméndase especial precaución coas mulleres encintas. Débese considerar a posibilidade de contaxio por toxoplasmose a través do consumo de carne crúa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CNN.com - Food Central - Harry's Bar of Venice - a modern Italian landmark - October 13, 2000". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2012. Consultado o 11 de febreiro de 2014.
- ↑ Articolo in The Guardian