Cast Away
Cast Away | |
---|---|
![]() | |
Tipo | filme ![]() |
Xénero artístico | cinema de aventuras, cinema dramático e robinsonada ![]() |
Lingua orixinal | lingua inglesa e lingua rusa ![]() |
Autoría | |
Director/a | Robert Zemeckis ![]() |
Compositor/a | Alan Silvestri ![]() |
Guionista | William Broyles, Jr. ![]() |
Director/a fotografía | Don Burgess ![]() |
Editor/a de cine | Arthur Schmidt ![]() |
Deseñador/a produción | Rick Carter ![]() |
Actores
| |
Temática | |
Tema principal | Soidade, perda, sobrevivencialismo (pt) ![]() ![]() |
Ambientado en | Moscova, Texas, Tennessee e Memphis ![]() |
Época ambientación | Década de 1990 ![]() |
Personaxes
| |
Publicación | |
Data publicación
| |
País orixe | Estados Unidos de América ![]() |
Produtor/a | Tom Hanks, Robert Zemeckis, Steve Starkey e Jack Rapke ![]() |
Compañía produtora | Playtone, ImageMovers, 20th Century Fox e DreamWorks ![]() |
Distribuidor/a | UIP-Dunafilm e Netflix ![]() |
Recadación | 429.632.142 $ e 233.632.142 $ ![]() |
Custo | 90.000.000 $ ![]() |
Formato de distribución | vídeo baixo demanda ![]() |
Puntuación crítica
| |
Dimensións | |
Duración | 2 horas e 23 minutos ![]() |
Localización | |
Localización rodaxe | Os Ánxeles, Filipinas, Malibú, Moscova, Rusia e Monuriki (en) ![]() ![]() |
Premios | |
Nomeamentos
| |
Contacto | |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Cast Away é un filme estadounidense de 2000 dirixido por Robert Zemeckis. Está protagonizado por Tom Hanks, que interpreta a un empregado de FedEx que loita por sobrevivir nunha illa deserta no medio do enorme océano Pacífico despois de que o seu avión se estrelase. O filme recolle os seus intentos por sobrevivir na illa facendo uso dos restos do cargamento do avión. Foi un éxito comercial e da crítica, e Hanks foi nomeado ao Oscar ó mellor actor na 73ª edición dos Premios da Academia pola súa actuación.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]En 1995, Chuck Noland (Tom Hanks) é un hiperactivo executivo que vive inmerso no seu traballo nunha empresa de transporte urxente (Fedex) onde os reloxos son a pauta da súa axitada vida, a súa noiva incondicional apenas pode compartir tempo con el. Toda a súa vida baséase en minutos e cumprimentos de entregas e supervisa o mesmo cada operación de importancia. A súa lema é que o home vive en función do tempo. A pesar da súa axitada vida, Noland ten unha noiva incondicional, Kelly (Helen Hunt), unha estudante universitaria coa que pasa algunhas horas. En Nadal, Noland dálle un agasallo a Kelly (aparentemente un anel de compromisos) e ela regálalle un reloxo de peto coa súa foto no anverso da tapa. Noland ten que ir ás Hawai e volver en 8 días máis e aborda un avión de Fedex.
A súa vida fai un brusco cambio radical cando o avión un MD-11 no que viaxa, métese nunha tormenta non prevista sobre o océano Pacífico e logo dunha despresurización explosiva, cae ao mar sendo el o único que sobrevive. Noland aférrase a unha balsa e déixase conducir polas mareas e empeza a tomar conciencia de que é o único sobrevivente.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Tom Hanks como Chuck Noland
- Helen Hunt como Kelly Frears
- Nick Searcy como Stan
- Jenifer Lewis como Becca Twig
- Chris Noth como Jerry Lovett
- Lari White como Bettina Peterson
- Vince Martin como Albert "Al" Miller
- Geoffrey Blake como Maynard Graham
Produción
[editar | editar a fonte]O filme non foi rodado de xeito consecutivo. Hanks gañou 50 libras durante a pre-produción para aparentar un repoludo home de idade media. Despois de que gran parte do filme fose rodado, a produción foi interrompida por un ano para que puidese perder o peso de máis e deixar medrar o cabelo e a barba, de xeito que semellase que levaba vivindo varios anos na illa. Durante o hiato dun ano, Zemeckis usou o mesmo persoal para facer outro filme, What Lies Beneath.[1]
Cast Away foi rodado en Monuriki, unha das illas Mamanuca de Fiji.[2] Está nun subgrupo do arquipélago de Mamanuca, que está sitaudo ó longo da costa de Viti Levu, a meirande illa de Fiji. A illa converteuse nunha atracción turística despois da estrea do filme. Malia que na historia é identificada por Kelly como unha illa "a 600 millas ó sur das Illas Cook," en realidade non hai terra entre a illa de Mangaia, a máis meridional das illas Cook, e a Antártida. A historia comeza e remata esencialmente no mesmo lugar, preto dun rancho de Texas ó sur da cidade de Canadian.
Os produtores elaboraron unha lista de obxectos aparentemente inútiles que poderían atoparse nos paquetes que atopa Nolan: un vestido de festa, patíns sobre xeo, papeis de divorcio, cintas de vídeo, e outros artigos diversos. Eles trasladaron esta lista a un grupo de expertos para que decidisen de que xeito podería empregar o protagonista estes obxectos para sobrevivir
O orzamento do filme foi de $90 000 000 e tivo unha recadación de $429 632 142, conseguindo só na primeira semana $28 883 406.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2000: 2 Nomeamentos ó Oscar: Mellor actor (Tom Hanks) e son.
- 2000: Nomeado ó Globo de Ouro: Mellor actor (Tom Hanks).
- 2000: Nomeado ó BAFTA: Mellor actor (Tom Hanks).
- 2000: Círculo de críticos de Nova York: Mellor actor (Tom Hanks).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "'Cast Away' Director Defies Categorizing". New York Times. 2000. Consultado o 18 de outubro de 2012.
- ↑ Fiji. Korina Miller, Robyn Jones, Leonardo Pinheiro. Lonely Planet. 2003. p. 54. ISBN 1-74059-134-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Filmes de 2000
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Robert Zemeckis
- Filmes de 20th Century Fox
- Filmes de DreamWorks
- Filmes de ImageMovers
- Filmes rodados nos Ánxeles
- Filmes rodados en Rusia
- Filmes rodados en Texas
- Filmes rodados en Filipinas
- Filmes rodados en Fiji
- Filmes sobre supervivencia
- Filmes ambientados en 1995
- Filmes ambientados en 1999
- Filmes ambientados en 2000