Chamilo
Chamilo | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Instancia de | LMS e software libre ![]() |
Uso | LMS, Ambiente virtual de aprendizagem (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Licenza | GNU General Public License v3.0 or later ![]() |
Baseado en | Dokeos (pt) ![]() ![]() |
Versións
| |
Características | |
Linguaxe de programación | PHP e JavaScript ![]() |
Datas e localizacións | |
Creación | 18 de xaneiro de 2010 ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | chamilo.org ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Chamilo é unha solución de software libre, con licenza baixo a GNU/GPLv3, de xestión do E-learning ou aprendizaxe electrónico desenvolvido co obxectivo de mellorar o acceso á educación e ó coñecemento global e que nace como directo sucesor do LMS Dokeos 1.8.6. É sostido pola Asociación Chamilo (asociación sen fin de lucro), que ten como obxectivo a promoción do software para a educación (e particularmente Chamilo), o mantemento dunha canle de comunicación clara e a construción dunha rede de fornecedores de servizos e contribuíntes ó software.
O proxecto Chamilo pretende asegurar a dispoñibilidade e calidade da educación a un custo reducido a través da distribución libre e gratuíta do seu software[1], da adaptación da súa interface para dispositivos do Terceiro Mundo[2] e da provisión dun campus e-learning de acceso libre.
Actualmente Chamilo conta con dúas vertentes:
- A asociación Chamilo: xunta a institucións, empresas e particulares co obxectivo de garantir que Chamilo sexa sempre un proxecto de código libre. Entre os seus cometidos atópase tamén o ser propietaria da marca Chamilo para que esta nunca estea en mans de particulares.
- Chamilo, o software: nace como continuación do proxecto Dokeos. A maior parte dos desenvolvedores desta comunidade, continúan o seu labor neste novo proxecto.
En Galicia, o CESGA, (Centro de Supercomputación de Galicia), utiliza Chamilo para a súa plataforma de e-learning, Aula Cesga. En decembro de 2011, esta plataforma contaba con máis de 20.000 usuarios.[3][4]. En marzo de 2013 a plataforma conta con máis de 35.000 usuarios.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.chamilo.org
- ↑ http://livestre.am/wKs0
- ↑ "Aula CESGA Supera os 20.000 usuarios" Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo na web do CESGA, 2 de decembro de 2011.
- ↑ "Máis de 23.000 usuarios e 800 cursos avalan o éxito de Aula CESGA no X aniversario da súa apertura" Arquivado 21 de agosto de 2016 en Wayback Machine., artigo na web do CESGA, 13 de xuño de 2012.