Charmed
Charmed é unha serie de televisión estadounidense creada por Constance M. Burge e producida por Aaron Spelling e a súa compañía Spelling Television, con Brad Kern como showrunner. A serie emitiuse orixinalmente a través da canle The WB durante oito tempadas dende o 7 de outubro de 1998 até o 21 de maio de 2006. Conta a historia de tres irmás, coñecidas como "The Charmed Ones", as máis poderosas bruxas de tódolos tempos, que usan o seu "poder de tres" combinado para protexer as vidas dos inocentes de forzas do mal como demos e bruxos. Cada irmá posúe poderes máxicos únicos que crecen e evolucionan, ó tempo que tratan de manter unha vida normal na cidade de San Francisco. Manter as súas identidades sobrenaturais separadas e en segredo das súas vidas ordinarias convértese a miúdo nun desafío para elas, xa que a exposición da maxia ten consecuencias de grande alcance nas súas diversas relacións e resulta nunha serie de investigacións do FBI ó longo da serie. Ó principio, a serie enfócase nas tres irmás Halliwell, Prue (Shannen Doherty), Piper (Holly Marie Combs) e Phoebe (Alyssa Milano). Despois da morte de Prue a finais da terceira tempada, a súa medio-irmá Paige Matthews (Rose McGowan) asume o seu lugar no "poder de tres" a partir da cuarta tempada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charmed ![]() |