Saltar ao contido

Cheka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cheka

Tipopolicía secreta Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
MatrizConsello de Ministros da Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación20 de decembro de 1917 Editar o valor en Wikidata
Disolución6 de febreiro de 1922 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Precedido porComité Militar Revolucionario Editar o valor en Wikidata
Sucedido porDiretório Político do Estado (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Substitúe aOkhrana Editar o valor en Wikidata
Substituído porOGPU Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísRepública Socialista Soviética Federativa de Rusia Editar o valor en Wikidata
SedeSan Petersburgo Editar o valor en Wikidata
XurisdiciónCouncil of people's commissars of the RSFSR (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

A Cheka (ЧК - чрезвыча́йная коми́ссия chrezvychaynaya komissiya, do ruso: Comisión de Emerxencias, AFI: [tɕɪˈka]) foi a primeira dunha serie de organizacións soviéticas de seguridade do Estado. Foi creada o 20 de decembro de 1917, despois dun decreto emitido por Vladimir Lenin e posteriormente liderada polo aristócrata convertido ao comunismo Felix Dzerzhinsky.

Por extensión, denomináronse «chekas» as diversas policías políticas secretas que xurdiron con posterioridade noutros países. Na España republicana tamén recibiron o nome de "chekas" os locais que durante a Guerra Civil utilizaban organismos análogos, adoito parapoliciais, para deter, interrogar, torturar e xulgar de forma sumarísima.

A axencia

[editar | editar a fonte]

A finais de 1918 foron creados centos de comités Cheka en varias cidades en múltiples niveis incluíndo as cheka de oblast, guberniya ("Gubcheks"), raion, uyezd e volost, con comisarios extraordinarios no raion e no volost. Moitos miles de disidentes, desertores ou outras persoas foron detidas, torturadas ou executadas por varios grupos da Cheka. Despois de 1922, os grupos de Cheka sufriron unha serie de reorganizacións, coa NKVD, en corpos cuxos membros continuaron sendo chamados "Chekisty "(Chekistas) ata finais de 1980.

Co ascenso de Vladimir Putin ao poder, a referencia aos membros do FSB como "chekistas" continuou a ser utilizada sobre todo polos opositores políticos de Putin, a miúdo con connotacións negativas. Desde a súa fundación, a Cheka foi un importante brazo militar e de seguridade do goberno comunista bolxevique. En 1921 as Tropas de Defensa Interior da República (unha rama da Cheka) tiñan 200.000 membros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]