Saltar ao contido

Curry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Curry

Tipoviand (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Subclase deprato Editar o valor en Wikidata
GastronomíaSubcontinente indio Editar o valor en Wikidata
Ingredientes
especia Editar o valor en Wikidata
Orixe
País de orixeIndia e Paquistán Editar o valor en Wikidata
Relacionados
Coincidentesalan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Composto por
Contacto
TasteAtlascurry Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]
Pratos feitos con curry.
Curry de polo.

O curry[1][2] é unha mestura de especias que se emprega na India para guisos ou estufados con mollo, comercializadas orixinalmente na Inglaterra e nos Países Baixos. Así mesmo, refírese ós pratos preparados con este mollo. A palabra curry deriva de kari, que significa "mollo" en támil.

As especias que a miúdo adoitan incluírse na mestura do curry son: chile, alfábega, carvea, sasafrán, canela, cardamomo, cebola seca, apio, coandro, comiño, cúrcuma, alforfa, xenxibre, mostaza, noz moscada, pementa de caiena, pementa, tamarindo. O curry varía de rexión en rexión e a súa cor depende da mestura de ingredientes.

Na gastronomía da China emprégase un curry chamado po dos cinco sabores ou po de cinco especias, que mestura cinco ingredientes (cúrcuma, comiño, pemento, canela e cardamomo). É coñecido como "Um Gion Fan"(cinco sabores) e é moi utilizado na preparación de diversos pratos, achegando moito sabor e arrecendo.

  1. Definición de curry* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]