Saltar ao contido

Deadpool

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deadpool

Tipomutante, personaxe animado, personaxe cinematográfico, personaxe de videoxogo e supersoldado (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Papelpersonaxe de título Editar o valor en Wikidata
Tipo personaxeantiheroe e superheroe Editar o valor en Wikidata
Obra
Universo ficticioTerra-616 Editar o valor en Wikidata
Creador/aRob Liefeld e Fabian Nicieza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Interpretado porRyan Reynolds, Will Friedle (pt) Traducir, Steven Blum, Nolan North, John Kassir e Scott Adkins Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Linguas faladaslingua inglesa e lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Superpoderfactor de rexeneración Editar o valor en Wikidata
Actividade
Inimigo/aAjax (en) Traducir, Madcap (en) Traducir e William Stryker (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsoldado e mercenario Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeShiklah (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBmarvel.com… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Deadpool é unha personaxe de banda deseñada, co verdadeiro nome de Wade Winston Wilson, caracterizado coma un mercenario ou antiheroe que aparece en historietas publicadas por Marvel Comics, orixinalmente na serie X-Men pero tamén nos últimos anos noutras series Marvel. Creado polo debuxante Rob Liefeld e o guionista Fabian Nicieza, Deadpool apareceu por primeira vez en The New Mutants nº 98, en febreiro de 1991.

Deadpool é un mercenario que usa alta tecnoloxía e que como Wolverine, é un produto de Weapon X, un programa paramilitar clandestino que realizou o goberno canadense. Orixinalmente un adversario dos New Mutants, despois coñecidos como X-Force, e aparecía primariamente neses títulos. Despois apareceu en dúas series limitadas, Sins of the Past e The Circle Chase e en 1997 apareceu a súa propia serie, inicialmente escrita por Joe Kelly e que se mantivo ata o número 69. En 2002 apareceu na secuela Agent X e en 2004 en Cable & Deadpool que chegou ós 50 números (febreiro de 2008). En setembro de 2008 volveu de novo como serie independente.

Personaxe irritable e falangueiro, leva o sobrenome de The Merc with a Mouth (literalmente o mercenario cunha boca que se pode traducir como mercenario lareta), e ten a autoconciencia de ser un personaxe de ficción. O actor Ryan Reynolds interpretou a Wade Wilson no filme de 2009 X-Men Origins: Wolverine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]