Saltar ao contido

Digimon Adventure

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Digimon Adventure
Tiposerie de televisión de anime Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoanime e manga de acción, anime e manga de aventuras, anime e manga de comedia dramática, isekai e anime e manga de ciencia ficción Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua xaponesa Editar o valor en Wikidata
FranquíaDigimon Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aHiroyuki Kakudo Editar o valor en Wikidata
Compositor/aTakanori Arisawa, Udi Harpaz, Shuki Levy, Paul Gordon, Oded Tzur e Haim Saban Editar o valor en Wikidata
Guionista西園悟 Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaShigeru Ando Editar o valor en Wikidata
Temática
Inspirado enDeux ans de vacances Editar o valor en Wikidata
Ambientado enDigital World e Xapón Editar o valor en Wikidata
Baseado enDigital Monster Editar o valor en Wikidata
Inspirado na obra deJules Verne Editar o valor en Wikidata
Época ambientaciónPeríodo Heisei Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeXapón Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraToei Animation Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aBuena Vista International Television, Rai Trade, BVS Entertainment, TF1 Video, Crunchyroll, Hulu e L.C.J. Éditions & productions Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalFuji Television Editar o valor en Wikidata
Público obxectivokodomo Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezomarzo de 1999 Editar o valor en Wikidata
Rematemarzo de 2000 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Dimensións
Episodios54 Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBtoei-anim.co.jp… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0211145 Facebook: DMSTW Twitter: Digi_Adv_Staff Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Digimon Adventure (デジモンアドベンチャー Dejimon Adobenchā?) é unha serie de animación xaponesa creada en 1999 por Toei Animation, baseada no filme do mesmo nome. É a primeira serie de animación da franquía Digimon. A serie continúa cos mesmos personaxes en Digimon Adventure 02.

O 1 de agosto de 1999, sete nenos do Xapón son repentinamente trasladados a unha estraña dimensión, chamada "Digital World", mentres estaban nun campamento de verán. Durante as súas aventuras, os nenos Tai, Matt, Sora, Izzy, Mimi, Joe, e T.K., descobren que se atopan nun lugar onde habitan criaturas dixitais chamadas "Digimon". Facendo amizade con sete digimon, os nenos aprenden que teñen a habilidade de axudar a evolucionar ós seus compañeiros Digimon (digivolve) en formas máis fortes e poderosas que poden combater ós inimigos durante un curto período de tempo.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Os oito nenos elixidos aparecen primeiro, seguidos dos seus compañeiros Digimon.

Personaxes principais

[editar | editar a fonte]
Personaxe Actor de dobraxe Digimon Actor de dobraxe
Taichi "Tai" Kamiya
Yagami Taichi (八神 太一)
Toshiko Fujita (XAP) Agumon Chika Sakamoto (XAP)
O líder dos nenos elixidos e o irmán máis vello de Kari Kamiya. Caracterízase por ser algo testán, pero tamén valente e alegre. Ten o emblema do Valor.
Yamato "Matt" Ishida
Ishida Yamato (石田 ヤマト)
Yuuto Kazama Gabumon Mayumi Yamaguchi
Aínda que é unha persoa bondadosa e o líder secundario, vese a miúdo como o Lobo solitario do grupo. É o irmán máis vello de T.K. Takaishi. Ten o emblema da Amizade.
Sora Takenouchi
Takenouchi Sora (武之内 空)
Yuko Mizutani Biyomon
Piyomon
Atori Shigematsu
Sora é unha rapaza moi fiable e trata de coidar dos outros nenos. Polo tanto, o seu papel representa unha figura materna para varios personaxes. Ten o emblema do Amor.
Koushiro "Izzy" Izumi
Izumi Kōshirō (泉 光子郎)
Umi Tenjin Tentomon Takahiro Sakurai
Un pensador moi intelixente e lóxico, a pesar de estar entre os máis xoves do grupo. Tamén é un experto en informática e emprega constantemente o seu portátil. Ten o emblema do Coñecemento.
Mimi Tachikawa
Tachikawa Mimi (太刀川 ミミ)
Ai Maeda Palmon Shihomi Mizowaki
Nun principio é vista como a egoísta e malcriada do grupo, pero Mimi é cariñosa e moi leal ós seus amigos. Ten o emblema da Inocencia.
Joe Kido
Kido Jō (城戸 丈)
Masami Kikuchi Gomamon Junko Takeuchi
O máis maior do grupo. É responsable e reflexivo, pero preocúpase demasiado. trata de actuar como a voz da razón do grupo. Ten o emblema da Sinceridade.
Takeru "T.K." Takaishi
Takaishi Takeru (高石 タケル)
Hiroko Konishi Patamon Miwa Matsumoto
O máis cativo de todos e irmán máis novo de Matt. Ó comezo depende demasiado dos demais, pero logo aprende a desenvolverse por si mesmo. Ten o emblema da Esperanza.
Hikari "Kari" Kamiya
Yagami Hikari (八神 ヒカリ)
Araki Kae Gatomon
Tailmon
Yuka Tokumitsu
Xentil, pero fráxil, Kari únese ó grupo tempo despois, porque non puido ir ó campamento por estar enferma. É a irmá máis nova de Tai. Ten o emblema da Luz.
Devimon
(デビモン)
Episodios 1-13 Kaneto Shiozawa
O primeiro malvado co que se atopan os nenos. Destruído por Angemon. Reaparece nos episodios 19 a 21 en Digimon Adventure 02 , onde o Emperador Digimon emprega os seus datos para completar a Kimeramon.
Etemon
(エテモン)
Episodios 14-20, 46-47 Yasunori Masutani (JP)
O segundo malvado ó que se enfrontan. Destruído por primeira vez por MetalGreymon, pero máis tarde regresou como MetalEtemon. MetalEtemon foi destruído por SaberLeomon e Zudomon.
Myotismon
Vamdemon (ヴァンデモン)
Episodios 20-39 Ryūzaburō Ōtomo
Terceiro malvado. Destruído por vez primeira por Angewomon e os outros digimons, pero regresou como VenomMyotismon. Destruído outra vez por WarGreymon e MetalGarurumon. Reaparece en Digimon Adventure 02 como MaloMyotismon, foi destruído por Imperialdramon Fighter Mode.
Piedmon
Piemon (ピエモン)
Episodios 50-52 Chikao Ōtsuka
O líder dos Mestre Escuros. Destruído por MagnaAngemon coa axuda de WarGreymon e MetalGarurumon.
MetalSeadramon
Piemon (ピエモン)
Episodios 41-42 Yuuto Kazama
O señor do Net Ocean, un gran océano cunhas poucas illas. Cando os nenos elixidos loitaban contra Myotismon en Toquio, MetalSeadramon tomou o control da porción do océano da Montaña Espiral. Destruído por WarGreymon.
Machinedramon
Mugendramon (ムゲンドラモン)
Episodios 48-49 Hisao Egawa
O señor da Digital City, que semella unha fusión das cidades máis importantes da Terra. Destruído por WarGreymon.
Apocalymon
Apokarimon (アポカリモン)
Episodios 52-54 Chikao Ōtsuka
O malvado que orixinalmente puxo ó Digital World en perigo. O creador dos Mestres Escuros e o que lles deu a Devimon, Etemon e Myotismon) os seus poderes. Foi definitivamente destruído polos esforzos combinados de WarGreymon, MetalGarurumon, Garudamon, MegaKabuterimon, Lillymon, Zudomon, MagnaAngemon e Angewomon.
Puppetmon
Pinocchimon (ピエモン)
Episodios 43-47 Etsuko Kozakura
O menor dos Mestres Escuros e o que máis tempo durou na loita contra os nenos elixidos (cinco episodios). Destruído por MetalGarurumon.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]