Docente
mestre ![]() ![]() | |
---|---|
ensino e educación ![]() | |
![]() | |
Istancia de | profesión, ocupación e cargo ![]() |
Subclase de | educador, persoal de escola e académico ![]() |
Pertencente á xurisdición | sen valor ![]() |
Descrito pola fonte | |
Identificadores | |
ISCO-08 | 23 ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |

Unha persoa docente, tamén chamada mestre e mestra, profesor e profesora ou pedagogo e pedagoga, é aquela que se dedica ao proceso de aprendizaxe e ensino. Adoitan ter recoñecida unha destreza notábel nunha determinada área do saber, con capacidade de ensinar e compartir os seus coñecementos con outras persoas, denominadas discípulos, aprendices, ou simplemente alumnos.
O profesorado que se encarga da educación formal e institucionalizada das etapas de educación infantil, primaria ou especial en escolas ou colexios adoitan ser chamados mestres e mestras. Tamén algúns mestres poden estar destinados en institutos de educación secundaria en programas de garantía social, educación compensatoria ou apoio a alumnos con necesidades educativas especiais, así como en centros de educación para persoas adultas.
O día 27 de novembro celébrase o Día do Mestre.[1] Celébrase nesta data en memoria do pedagogo relixioso aragonés, Xosé de Calasanz, que fundou unha escola en Roma para meniños pobres nese día de 1597. O papa Pío XII proclamouno patrón das escolas cristiás.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Día del Maestro" (en castelán)..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Docente ![]() |