Saltar ao contido

eMOTIVe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
eMOTIVe
Tipoálbum musical Editar o valor en Wikidata
Forma artísticaálbum de estudio Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticorock progresivo Editar o valor en Wikidata
Autoría
Interpretado porA Perfect Circle Editar o valor en Wikidata
Temática
Parte deA Perfect Circle's albums in chronological order (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Publicación
Lugar publicaciónEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Produtor/aBilly Howerdel Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoVirgin Editar o valor en Wikidata
Formato de distribucióndisco compacto e streaming de música Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Partes12 Editar o valor en Wikidata
Lista de cancións
Contacto
RedesSpotify: 2UAin9VEGxiZRfe9Q7SKg4 Discogs: 20888 Allmusic: mw0000744609 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

eMOTIVe é terceiro álbum de estudio da banda de rock A Perfect Circle. Foi editado o 1 de novembro de 2004 (aínda que nos Estados Unidos saíu ao día seguinte) a través do selo Virgin Records para coincidir coas eleccións presidenciais dos Estados Unidos.[1] O disco é principalmente unha colección de versións de cancións anti-bélicas, pero inclúe tamén dúas cancións do grupo.

Publicáronse dous sinxelos para promocionar o álbum; unha versión de "Imagine" de John Lennon, e "Passive", unha canción inédita que procedía do defunto proxecto Tapeworm. O álbum estreouse no número 2 na lista estadounidense Billboard 200, aínda que a banda non realizou unha xira para apoiar o traballo e entrando despois en hiato. Sería o derradeiro álbum de A Perfect Circle ata o Eat the Elephant de 2018.

Lista de cancións

[editar | editar a fonte]
N.º Título Duración
1. "Annihilation" (Versión de Crucifix) 2:13
2. "Imagine" (Versión de John Lennon) 4:48
3. "Peace Love and Understanding" (Versión de Nick Lowe) 5:03
4. "What's Going On" (Versión de Marvin Gaye) 4:53
5. "Passive" (composta por Howerdel / Lohner / Keenan / Reznor) 4:09
6. "Gimmie Gimmie Gimmie" (Versión de Black Flag) 2:18
7. "People Are People" (Versión de Depeche Mode) 3:43
8. "Freedom of Choice" (Versión de Devo) 2:59
9. "Let's Have a War" (Versión de Fear) 3:28
10. "Counting Bodies Like Sheep to the Rhythm of the War Drums" (composta por Howerdel / Keenan) 5:36
11. "When the Levee Breaks" (Versión de Memphis Minnie & Kansas Joe McCoy, popularizada por Led Zeppelin) 5:55
12. "Fiddle and the Drum" (Versión de Joni Mitchell) 3:06
  1. "eMOTIVe - A Perfect Circle". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-03-31.