Saltar ao contido

Ecstatic Peace!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ecstatic Peace!
Tiposelo discográfico Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Fundador/aThurston Moore Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1981 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
SedeEasthampton (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBecstaticpeace.com Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Ecstatic Peace! é un selo discográfico independente baseado en Easthampton, Massachusetts, fundado en 1981 polo guitarrista e vocalista de Sonic Youth Thurston Moore.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

A súa primeira edición foi un casete compartido con voces de Michael Gira da banda Swans e Lydia Lunch. O nome do selo está tirado dunha liña da novela de Tom Wolfe The Electric Kool-Aid Acid Test.

No mes de febreiro de 2006 Moore asinou un acordo con Universal Records para que esta distribuíse os álbums de Ecstatic Peace!.

En 2011 Ecstatic Peace! contaba con artistas coma Hush Arbors, Be Your Own Pet, Awesome Color, Black Helicopter, Free Kitten, Jemina Pearl, Glass Rock, Dead Machines, Little Claw, Matt Krefting, Monotract, Mouthus, Pagoda, MV & EE, Notekillers, Religious Knives, Sumburned, Samara Lubelski, Wand, Whote Out, Tall Firs, Violent Soho, The Entrance Band e o propio Moore.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]