Euratom
Aparencia
Euratom | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | organización, organización rexional e organización internacional ![]() | |||
Parte de | Unión Europea ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Membro de
| ||||
Data | ||||
Fundación | 25 de marzo de 1957 ![]() | |||
Comezo | 1 de xaneiro de 1958 ![]() | |||
Cronoloxía | ||||
Sucedido por | Unión Europea ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Sede | Bruxelas-Capital ![]() | |||
Ligazóns | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A Comunidade Europea da Enerxía Atómica (EURATOM) creouse en Roma coa sinatura do Tratado da Comunidade Europea da Enerxía Atómica, o 25 de marzo de 1957, asinada xunto co tratado que daba orixe á Comunidade Económica Europea (CEE).
Establécese como obxectivo o desenvolvemento dunha industria propia nuclear europea mediante a creación dun mercado común de equipamento e materiais nucleares, así como o establecemento dunhas normas básicas en materia de seguridade e protección da poboación.
O tratado, que foi firmado polos seis países fundadores da CECA e da CEE (Bélxica, Francia, Alemaña, Italia, Luxemburgo e os Países Baixos), entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1958.