Euronews
Euronews | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | emisora de televisión e canle de televisión temática ![]() | ||
Lingua usada | lingua inglesa, lingua albanesa, lingua árabe, lingua húngara, lingua grega, xeorxiano, lingua francesa, lingua alemá, lingua italiana, lingua castelá, lingua persa, lingua portuguesa, lingua polaca, lingua rusa e lingua turca ![]() | ||
Persoas e organizacións | |||
Propietario/a | Euronews SA ![]() | ||
Matriz | Euronews SA ![]() | ||
Director/a
| |||
Entidades subsidiarias
| |||
Actividade | |||
Industria | xornalismo ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1 de xaneiro de 1993 ![]() | ||
Localización | |||
Sede | Lión e Bruxelas ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | euronews.com ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
Streaming | URL de emisión | ||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Euronews é unha canle de televisión europea producida por EuronewsNBC e adicada integramente á información.
Características
[editar | editar a fonte]Pódese recibir, vía satélite, en toda Europa e no norte de África, e, pola televisión por cable, en boa parte do mundo (102 países), en especial en Norteamérica. Euronews tamén se emite a través dalgunhas canles nacionais a certas horas do día. A través de acordos de distribución esta canle paneuropea pódese ver en máis de 120 países.
Euronews foi escollida pola Unión Europea (UE) para tratar temas relativos ás institucións da mesma - ten que consagrar polo menos unha décima parte do seu tempo de emisión respecto diso - e a Europa en xeral. Neste sentido ten unha misión de servizo público europeo, e recibe unha subvención anual de cinco millóns de euros.
O consorcio Euronews, fundado en 1992, reúne doce cadeas nacionais: RTVE (España), France Télévisions (Francia), RAI (Italia), RTP (Portugal), RTBF (Bélxica), TMC (Mónaco), YLE (Finlandia), ERT (Grecia), CYBC (Chipre) e ERTV (Exipto). A súa sede é Lión (Francia).
A idea de crear unha cadea europea de noticias xurdiu en 1991, cando a cobertura exclusiva da primeira guerra de Iraq pola cadea estadounidense de noticias CNN puxo de manifesto a hexemonía deste país e por conseguinte o atraso europeo no dominio da información televisiva internacional.
Outras cadeas uníronse ao proxecto: ArmNews.Eu (Armenia), CT (República Checa), ENTV (Alxeria), ERTT (Tunisia), PBS (Malta), RTÉ (Irlanda), RTVSLO (Eslovenia), RTR (Rusia), NTU (Ucraína), SSR-SRG (Suíza), TVR (Romanía) e TV4 AB (Suecia). A británica ITN participa no contido das emisións. A SECEMIE é a sociedade dona e produtora de Euronews, mentres que SOCEMIE, filial da anterior, é o operador.
As emisións empezaron o 1 de xaneiro de 1993. Emite en sete idiomas: español, italiano, francés, alemán, inglés, portugués (desde 1999) e ruso (desde 2001), vinte e catro horas ao día. Durante un ano emitiu tamén en árabe.
Información
[editar | editar a fonte]Aínda que o idioma pódese cambiar, son as mesmas imaxes para todos os europeos. Os seus bloques informativos son de 30 minutos, e constan dos seguintes apartados:
- News: son as noticias de ámbito xeral.
- Economía: a actualidade do mundo dos negocios.
- Sport: noticias deportivas.
- Europa: noticias e información sobre a UE.
- Europeans: reportaxes sobre os cidadáns da UE e países veciños.
- Le Mag: reportaxes e noticias sobre moda, tendencias...
- Pass: responde a cuestións europeas.
- No comment: ensina imaxes pero sen comentarios.
- Meteo: información meteorolóxica.
- Perspectivas: nos fins de semana, ensina como se comenta unha mesma noticia en diferentes países europeos (normalmente aparece TVE, RAI e televisións de Francia e Suíza).