Saltar ao contido

Face

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Face
facies Editar o valor en Wikidata

Instancia desolitary organism subdivision type (en) Traducir e clase de entidade anatómica Editar o valor en Wikidata
Subclase desubdivision of head (en) Traducir e entidade anatómica particular Editar o valor en Wikidata
Parte decabeza Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Identificadores
MeSHD005145 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC13071 Editar o valor en Wikidata
Terminologia Anatomica 98A01.1.00.006
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]

A face, faciana, cara ou rostro é a parte frontal da cabeza, nos humanos a parte anteroinferior, desde as cellas ao queixelo; nela están incluídos cellas, ollos, nariz, fazulas, boca, labios, dentes, pel e queixelo.[1]

Os tecidos brandos da cara expresan as emocións do individuo, pola acción dos músculos da mímica. Así mesmo, a aparencia facial é un elemento esencial da identidade de cada ser humano.

Sobre a dura superficie dos ósos implántanse máis de trinta pares de músculos, de diversas formas e funcións, grosos e fortes, como o maseter, outros son finos e pequenos como o que eleva a comisura labial e o que dilata a ala do nariz, entre outros.[2]

Dos cinco órganos dos sentidos, catro están na cabeza, e máis especificamente na face; a vista, o ouvido, o olfacto e o gusto. Aínda que o quinto sentido, o tacto, tamén está amplamente representado, cunha zona de altísima sensibilidade nos beizos.

  1. "facies". DIGALEGO - Xunta de Galicia. Consultado o 13-10-2024. 
  2. Torres, Alfredo (2023-11-21). "Músculos de la cara". Kenhub (en castelán). Consultado o 2024-10-13.