Falu
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | Condado de Dalarna ![]() | ||||
Capital | Falun ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 59.887 (2025) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2.275,3 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | falun.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Falu é un municipio sueco (kommun) do condado de Dalarna.[1] A súa capital é a cidade de Falun que tamén é a capital do condado.
O leito rochoso da zona pertence ao da rexión rica en minerais coñecida como Bergslagen. As partes do norte e do leste do concello están cubertas de bosques, intercalados por zonas de turbeiras máis grandes, e as partes occidentais teñen un terreo máis accidentado.
Falun ten unha longa tradición mineira que se remonta á Idade Media, pero co tempo a súa importancio disminuiu. A principios da década de 2020 a actividade económica local estaba dominada polo sector servizos.
Dende a súa fundación no ano 1971 o crecemento da poboación do concello, con excepción dos anos arredor do cambio de milenio, foi positivo. En decembro de 2024 Falu tiña 59 945 habitantes.[2]
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa das parroquias de Aspeboda, Bjursås, Enviken, Stora Kopparberg, Sundborn, Svärdsjö e Vika. Nesas parroquias creáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862. Na zona atopábase tamñen a cidade de Falu dende 1641 que en 1863 formou un concello urbano.
Coa reforma municipal de 1952 o concello rural de Aspeboda integrouse no municipio de Stora Kopparbergs, mentres que o resto dos concellos rurais da zona, Bjursås, Enviken, Sundborn, Svärdsjö e Vika, ao igual que a cidade de Falu, permaneceron sen cambios.
No ano 1967 os concellos rurais de Stora Kopparberg e Vika incorporáronse á cidade de Falu. Oa ctual municipio de Falu naceu coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade de Falu e dos municipios rurais de Bjursås, Enviken, Sundborn e Svärdsjö.[3]
O 1 de xaneiro de 1990 unha área con 6 persoas foi transferida á parroquia de Bjurså no concello de Falu dende a parroquia de Ål no muncipio de Leksand.[4]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello está situado no sueste do landskap de Dalarna e limita ao norte cos municipios de Ovanåker e Bollnäs, ao nordés co de Ockelbo, e ao leste cos de Sandviken e Hofors, todos eles no condado de Gävleborg. Ao sueste limita cos concellos de Hedemora e Säter, ao suroeste co de Borlänge, e ao noroeste cos de Leksand e Rättvik, no condado de Dalarna.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-19.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-09.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
- ↑ "Folkmängd 31 dec 1989" (PDF). Statistiska centralbyrån. Archived from the original on 14 de setembro de 2018. Consultado o 22 de marzo de 2025.