Floema
Floema | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | estrutura dunha planta ![]() |
Subclase de | tecido vascular ![]() |
Uso | transporte ![]() |
Parte de | tecido vascular ![]() |
Oposto a | Xilema ![]() |
[ Wikidata ] [ G:Commons ] [ C:Commons ] |


1. Medula,
2. Protoxilema,
3. Xilema,
4. Floema,
5. Esclerénquima (Fibra basta),
6. Córtex,
7. Epiderme
O floema[1] ou líber[2][3] é un tecido propio dos vexetais vasculares que se xera a partir do cámbium, e é o responsable do transporte das substancias elaboradas tales coma a sacarosa, os aminoácidos ou os alcaloides, desde órganos produtores (maioritariamente follas) ata órganos consumidores, como flores, froitos ou raíces. Isto explica a necesidade de que sexa un vaso bidireccional.
Tipos celulares
[editar | editar a fonte]- Células cribosas: Células vivas carentes de núcleo e cloroplastos con parede celular "cribosa" é dicir, furadada para permitir o transporte das substancias.
- Células parenquimáticas: Son as células que posúen a maquinaria celular para atender ás células cribosas.
Hipóteses do transporte
[editar | editar a fonte]- Transporte pasivo mediante potenciais hídricos favorábeis.
- Transporte activo mediante electroósmose de ións de potasio, isto atraería ás substancias cargadas negativamente.
- Transporte activo mediante correntes citoplasmáticas causadas por movementos peristálticos das células cribosas.
- Transporte activo mediante o emprego de filamentos de actina, isto explicaría o cambio de dirección que sofre o floema.
Probablemente o movemento dos fluídos do floema débase a unha combinación de todos eles, é dicir, o bombeo de solutos cara células adxuntas provoca un descenso do potencial hídrico (máis favorábel), plasmolizando a anterior, e producindo turxencia na seguinte, o que provocará que se repita o ciclo. Esta mobilización de solutos estará probabelmente provocada polos filamentos de actina e consecuencia de todo isto serán movementos peristálticos nas células cribosas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para floema.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para líber.
- ↑ Definición de Floema no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.