Fonissa
Aparencia
Fonissa (en grego: Φόνισσα) é un filme dramático grego de 2023 dirixido por Eva Nathena e escrito por Katerina Bei. Baséase na novela homónima de Alexandros Papadiamandis, A asasina. É a terceira adaptación cinematográfica da novela, logo dos filmes de Kostas Ferris (1974) e Angelos Kovotsos (1991).[1] A historia xira arredor da vida da viúva Hadoula en Skiathos no século XX.[2] As protagonistas son Kariofyllia Karabeti, Maria Protopappa, Penelope Tsilika, Elena Topalidou e Georgianna Dallara.[3]
Foi escollido como candidato de Grecia para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios,[4] mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Kariophyllia Karabeti como Hadoula ou Fragogiannou
- Maria Protopappa como Delharo, nai de Hadoula
- Penelope Tsilika como Delharo, filla de Hadoula
- Elena Topalidou como Amersa
- Georgianna Dallara como Hadula aínda nova
- Dimitris Imellos
- Yannis Tsortekis
- Christos Stergioglou
- Maria Skula
- Mania Papadimitriou
- Stathis Stamoulakatos
- Christina Maksouri como Krinio
- Olga Damanis
- Ersi Malikenzou
- Antonis Tsiotsiopoulos
- Niki Papandreou
- Michalis Oikonomou
- Galini Hatzipashalis
- Verônica Davaki
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Τρούσας, Φώντας (2022-04-03). "«Η Φόνισσα» του Αλέξανδρου Παπαδιαμάντη στον ελληνικό κινηματογράφο". www.lifo.gr (en grego). LiFO. Consultado o 2023-12-07.
- ↑ Σκαράκη, Αλεξάνδρα (2023-12-05). "Εύα Νάθενα: «Στη “Φόνισσα” θέλαμε να πάμε πιο βαθιά, να πούμε την πικρή αλήθεια»". www.kathimerini.gr (en Ελληνικά). Η Καθημερινή. Consultado o 2023-12-07.
- ↑ Καϊμάκης, Κωνσταντίνος (2023-11-30). "Φόνισσα: Η Εύα Νάθενα φτιάχνει το περίγραμμα μιας αέναης τραγωδίας". www.athensvoice.gr (en grego). Athens Voice. Consultado o 2023-12-07.
- ↑ "Κι όμως... η «Φόνισσα» της Εύας Νάθενα είναι η επίσημη υποβολή της Ελλάδας στα Οσκαρ". Flix (en greek). 12 de setembro de 2024. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2024. Consultado o 12 de setembro de 2024.