Full House
Full House é unha serie de televisión estadounidense creada por Jeff Franklin para a ABC. Ambientada na cidade de San Francisco, a serie conta a historia do pai viúvo Danny Tanner, quen despois da morte da súa muller Pam, é axudado polo seu mellor amigo Joey Gladstone e o seu medio irmán Jesse Katsopolis a criar as súas fillas, D.J., Stephanie e Michelle. Emitiuse dende o 22 de setembro de 1987 ata o 23 de maio de 1995, cun total de 192 episodios en oito temporadas.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Despois de que a muller do reporteiro Danny Tanner morrese atropelada por un condutor bébedo, Danny convence ó seu medio irmán Jesse e ó seu mellor amigo Joey para que lle axuden a criar as súas tres fillas, D.J., Stephanie e Michelle, no seu fogar de San Francisco. Co tempo, os tres homes e mailas pequenas estreitarán cada vez máis a súa relación fraternal.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Actor | Personaxe |
---|---|
John Stamos | Jesse Katsopolis |
Bob Saget | Danny Tanner |
Dave Coulier | Joey Gladstone |
Candace Cameron | D.J. Tanner |
Jodie Sweetin | Stephanie Tanner |
Mary-Kate e Ashley Olsen | Michelle Tanner |
Lori Loughlin | Rebecca Donaldson Katsopolis |
Andrea Barber | Kimmy Gibbler |
Scott Weinger | Steve Hale |
Blake e Dylan Tuomy-Wilhoit | Nicky e Alex Katsopolis |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Full House na IMDb (en inglés).