Saltar ao contido

Geographia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Geographia

Tipoobra literaria Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticotratado e Atlas Editar o valor en Wikidata
Autoría
Autor/aClaudio Tolomeo Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principalxeografía e cartografía Editar o valor en Wikidata
Publicación
Datas
Data de creacióndécada de 150 Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesBNE: XX3003319
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]


A Geographia é unha obra de Claudio Tolomeo, xeógrafo grego do século II, que consta de tres partes, divididas en oito libros.

A primeira parte, o primeiro libro, é introdutoria, establecendo a súa metodoloxía para realizar traballos cartográficos e proxeccións. Na segunda parte, do segundo ao sétimo libro, cataloga aproximadamente 5.000 lugares do ecúmene. Mentres que as latitudes son bastante exactas, Tolomeo comete erros na lonxitude xa que utiliza unhas dimensións do globo terrestre inferiores ás reais, baseándose nas estimacións de Posidonio e Mariño de Tiro en vez das do seu mestre Eratóstenes, máis próximas á realidade. Na última parte, que se corresponde co último libro, achega 27 mapas do mundo coñecido.