Grimes
![]() (2014) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Claire Elise Boucher ![]() 17 de marzo de 1988 ![]() Vancouver, Canadá ![]() |
Outros nomes | Grimes ![]() |
Educación | Universidade McGill ![]() |
Actividade | |
Ocupación | música, directora de vídeos musicais, compositora de cancións, produtor, pintora, produtora musical, realizadora, blogueira, cantante, compositora, directora de cinema ![]() |
Período | Século XXI ![]() |
Período de actividade | 2007 ![]() |
Xénero artístico | Electrónica, arte pop, synth pop, indie pop, música experimental, Dream pop, música ambiente e R&B contemporáneo ![]() |
Tesitura | Soprano ![]() |
Instrumento | Teclado e voz ![]() |
Selo discográfico | 4AD Arbutus Records ![]() |
Familia | |
Parella | Anyma (2024–) Elon Musk (2018–2021) ![]() |
Fillos | Exash Musk ( ![]() Exa Musk ( ![]() Tau Musk ( ![]() ![]() |
Pais | Maurice Boucher ![]() ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Claire Elise Boucher, nada o 17 de marzo de 1988, e mellor coñecida polo seu nome artístico Grimes, é unha artista, músico, e directora de videoclips canadense. Procedente de Vancouver, Grimes comezou a gravar música experimental mentres asistía á McGill University en Montréal, onde se involucrou na escena musical underground electrónica e industrial.
No ano 2010 publicou o seu álbum de estrea, Geidi Primes, a través do selo Arbutus Records, ao que lle seguiu Halfaxa nese mesmo ano. A finais do 2011 anunciou que asinara un contrato con 4AD, que se asociou con Arbutus Records para lanzar o seu terceiro álbum, Visions (2012). Visions foi aclamado pola crítica e The New York Times falou del como "un dos álbums máis impresionantes dese ano ata a data".
Os críticos e xornalistas destacaron a música de Grimes pola súa atípica combinación de elementos vocais, ademais dun amplo espectro de influencias, que van dende a música industrial e elecrónica ata o pop, hip hop, R&B, noise rock e incluso a música medieval.
No ano 2013 foi premiada co Webby Award á Artista do ano. Ese mesmo ano Grimes gañou o premio Juno ao álbum de electrónica do ano.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Geidi Primes | 2010 | Arbutus Records |
Halfaxa | 2010 | Arbutus Records |
Visions | 2012 | Arbutus Records, 4AD |
Art Angels | 2015 | 4AD, Eerie Organization, Roc Nation |
Miss Anthropocene | 2020 | 4AD |