HTTP 404

HTTP 404, 404 not found, 404, 404 error, page not found ou file not found é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP[1] que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. O erro tamén pode aparecer cando un servidor non quere revelar se ten a información solicitada.[2]
A liña de texto asociada con este erro é "Non atopado". Os erros 404 non se deben confundir con erros de DNS, que aparecen cando a URL apunta cara a un servidor web que non existe.
Códigos de erro 404 de subestado do Microsoft Internet Server
[editar | editar a fonte]O software de servidor web desenvolvido por Microsoft, Microsoft's Internet Information Services (IIS), devolve un conxunto de códigos de subestado xunto coas súas respostas 404. Estes códigos de subestado teñen a forma de números decimais anexados ao código de estado 404. Os códigos de subestado non están oficialmente recoñecidos pola IANA e non son devoltos por servidores que non sexan de Microsoft.
Códigos de subestado
[editar | editar a fonte]Os servidores Microsoft IIS 7.0, IIS 7.5 e IIS 8.0 definen os seguintes códigos de subestado HTTP para indicar unha causa máis específica dun erro 404:
- 404.0 – Non atopado.
- 404.1 – Sitio non atopado.
- 404.2 – Restrición de ISAPI ou CGI.
- 404.3 – Restrición de tipo MIME.
- 404.4 – Sen controlador configurado.
- 404.5 – Denegado pola configuración de filtrado de solicitudes.
- 404.6 – Verbo denegado.
- 404.7 – Extensión de ficheiro denegada.
- 404.8 – Espazo de nomes oculto.
- 404.9 – Atributo de ficheiro oculto.
- 404.10 – Cabeceira da solicitude demasiado longa.
- 404.11 – A solicitude contén unha secuencia de escape dobre.
- 404.12 – A solicitude contén caracteres de alto valor.
- 404.13 – Tamaño do contido demasiado grande.
- 404.14 – URL da solicitude demasiado longa.
- 404.15 – Cadea de consulta demasiado longa.
- 404.16 – Solicitude DAV enviada ao controlador de ficheiros estáticos.
- 404.17 – Contido dinámico asignado ao controlador de ficheiros estáticos mediante unha asignación xenérica de MIME.
- 404.18 – Secuencia de cadea de consulta denegada.
- 404.19 – Denegado por regra de filtrado.
- 404.20 – Demasiados segmentos na URL.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "HTTP Messages". Consultado o 2020-12-22.
- ↑ Fielding, R; Reschke, J, eds. (xuño de 2014). "HTTP/1.1 Semantics and Content". Internet Engineering Task Force (IETF). Consultado o 2018-12-13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: HTTP 404 ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A More Useful 404 (en inglés)