Saltar ao contido

Instituto Español de Oceanografía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «IEO»)
Instituto Español de Oceanografía
Tipoinstituto de investigación e Organismos Públicos de Investigación Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicaorganismo autónomo Editar o valor en Wikidata
Lingua usadalingua castelá Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Cargo dirixenteDirector of the Spanish Institute of Oceanography (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
MatrizConsello Superior de Investigacións Científicas, Ministry of Science and Information (en) Traducir, Ministry of Education and Science (en) Traducir, Ministry of Science and Technology (en) Traducir, Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente de España e Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriainvestigación científica Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación17 de abril de 1914 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 40°26′25″N 3°40′15″O / 40.440307, -3.670932
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
SedeCalle del Corazón de María, Madrid (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Área de operaciónEspaña Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBieo.es Editar o valor en Wikidata
RedesBNE: XX137484 Dialnet: 1940446
Wikidata ]

O Instituto Español de Oceanografía (IEO) é un organismo autónomo dependente do Ministerio de Educación de España dedicado á investigación científica oceanográfica e ó asesoramento do goberno nas materias da súa competencia, como a xestión racional e a protección do medio mariño.

A súa publicación principal é o Boletín. Instituto Español de Oceanografía, unha revista científica de resultados que se publica, aínda que con distintas cabeceiras, desde 1916.

Funcións

[editar | editar a fonte]

Funcionalmente divídese en tres áreas, dedicadas ós recursos pesqueiros, a acuicultura e a conservación do medio mariño.

O Instituto orienta as súas investigacións preferentemente ós problemas relativos á explotación dos recursos pesqueiros e á contaminación. Como organismo gobernamental, representa a España nas negociacións internacionais, incluídas as bilaterais con países como Mauritania, Marrocos ou Canadá, países con caladoiros nos que faenan barcos españois. Tamén representa ó estado nas negociacións multilaterais, no seo das diversas comisións internacionais.

Como organismo estatal conta cunha rede de centros distribuída por todo o territorio estatal. A sede central encóntrase en Madrid. Os seus centros de investigación son:

O Instituto posúe en 2020 unha frota de cinco buques oceanográficos (ademais doutras embarcacións menores) de entre 14 e 65 m de eslora:

Todos eles están dotados dos máis modernos sistemas electrónicos de navegación e situación, así como dos medios necesarios para recoller mostras, tanto de auga como de sedimentos, de determinación de variábeis físicas e químicas da auga de mar, así como para os estudos de flora e fauna mariña. A actividade destes buques, como os do resto do MICINN, está coordinada no marco da Comisión de Coordinación e Seguimento da Actividade dos Buques Oceanográficos (COCSABO), cuxa Secretaría recae no IEO desde a creación en 2003 desta comisión interministerial.[1]

O IEO foi fundado en 1914 por Odón de Buen, partindo da integración da Estación de Bioloxía Mariña de Santander, fundada en 1886 e dependente da Universidade de Valladolid, o laboratorio de Porto Pi (Mallorca), que el mesmo creara en 1906 desde o seu posto de catedrático da Universidade de Barcelona, e a estación de Málaga. No momento da creación do Instituto sumáronse dous novos laboratorios, o de Vigo o de Tenerife.

O Instituto pasou por tempos difíciles durante a guerra civil e nas décadas seguintes, operando con recursos mínimos pero mantendo a presenza de España nos organismos internacionais. A partir dos últimos anos da década dos 70, os recursos e as atribucións aumentaron, ampliándose o número de traballadores en 1986. Ó longo da súa historia o IEO dependeu de moi diversos ministerios, estando actualmente adscrito á Secretaría de Estado de Universidades e Investigación do Ministerio de Educación, Política Social e Deporte.

Reorganización

[editar | editar a fonte]

Hai uns meses[cando?] o ministro de Ciencia, Pedro Duque, informou por carta ao persoal do Instituto Español de Oceanografía, do Instituto Nacional de Investigación y Tecnología Agraria y Alimentaria (INIA) e do Instituto Geológico y Minero de España (IGME), da preparación dun Real Decreto no que se incluiría a estes Organismos de Investigación, dentro da estrutura da Axencia Estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas, o que causou inquietude entre o persoal destes organismos, especialmente nos do IEO, e tamén no sector pesqueiro, que xa sospeitaban esta integración e xa manifestaran, ambos os grupos, convencidos de que esta dilución iría en detrimento do asesoramento pesqueiro que o IEO subministraba ao sectores da pesca. Duque asegurou que non, que este paso dáse «convencidos de que é a mellor opción para aumentar as capacidades da investigación española e para mellorar a xestión científica e administrativa destes tres organismos». Tras este plural que declina o ministro, agóchanse as «opinións e propostas de investigadores, técnicos, xestores e representantes sindicais dos tres OPI», e engloba tamén aos técnicos do ministerio que analizaron a situación de colapso administrativo e de xestión que afecta aos tres entes, pero máis acusado, se cabe, no caso do IEO, inmerso nunha crise que levou por diante á mesma cúpula do Instituto, agora renovada. A conclusión é que a absorción, que xa estaba avanzada na Lei da Ciencia do 2011, subministrará a estes organismos unha estrutura científica e administrativa máis áxil e flexíbel que lles permitirá realizar unha investigación de excelencia para «unha óptima prestación de servizos esenciais para a nosa economía». É precisamente esta excelencia a que preocupa aos científicos do IEO e inquieta a armadores e pescadores; sosteñen que este "modelo competitivo", que prima a publicación en revistas científicas de impacto e o currículo persoal, vai acabar debilitando, sexa a medio ou a longo prazo, o carácter sectorial e a función de asesoramento que acompaña ao Instituto desde a súa fundación, «á xente non lle vai quedar máis remedio que adaptarse á nova situación laboral e modificar o perfil profesional para buscar a excelencia», din fontes do persoal do IEO, e iso non vén dado polos días de campaña de pesca ou as reunións internacionais de asesoramento, co que terán máis dificultades para promocionar e mellorar salarialmente. Pero Duque argumenta que os OPI manterán os «seus centros, institutos e laboratorios, salvagardando a súa identidade histórica, o seu orzamento operativo e as súas capacidades de investigación e de asesoramento científico-técnico» ás institucións do Estado e aos sectores produtivos; incluso o persoal conservará o seu corpo ou escala, antigüidade, grao e retribucións que tiveran consolidadas, e cos mesmos dereitos e obrigas. É mais, desde o ministerio apuntan que o real decreto que está a preparar, a nova estrutura mantén os organismos que estaban representados no consello reitor que, tras a absorción, pasará a denominarse "comisión coordinadora de investigación". En definitiva, que os cambios redundarán nunha «investigación mellor», creando sinerxias cos centros do CSIC que traballan nos mesmos ámbitos, o que dará «maior capacidade para abordar proxectos máis ambiciosos» e captar fondos en convocatorias nacionais e internacionais.[2]

  1. Instituto "Español de Oceanografía. Frota". Consultada o 12 de maio de 2020.
  2. E. Abuín (22 de xullo de 2020). "El CSIC se tragará al Oceanográfico". La Voz de Galicia. Consultado o 22 de xullo de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]