Saltar ao contido

Ilio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ilio
os ilium Editar o valor en Wikidata

Instancia declase de entidade anatómica Editar o valor en Wikidata
Subclase dezone of hip bone (en) Traducir, entidade anatómica particular e óso Editar o valor en Wikidata
Parte deóso coxal Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Identificadores
MeSHD007085 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC32765 Editar o valor en Wikidata
Terminologia Anatomica 98A02.5.01.101
Wikidata ] C:Commons ]

O óso ilio[1] ou simplemente ilio[2] (cientificamente: os ilium) é o óso que forma parte do esqueleto da cadeira, constituíndo a porción superior e posterior ensanchada do óso coxal. Durante a vida fetal é independente do resto dos ósos da cadeira. Trátase do óso máis grande da pelve, un de tres ósos que forman a cintura pelviana e liga a columna vertebral a cada extremidade inferior. O nome do óso provén do latín que significa «lombo» ou «costado».

Descrición

[editar | editar a fonte]

O ilio é un óso largo e en forma de abano, que constitúe as seccións superior e lateral da pelve. É divisíbel en tres partes: o corpo —que é a parte central do óso—, a á e a crista.[3] A separación entre as dúas primeiras está indicada na superficie interna ou abdominal por unha liña curva, a arcuata e na cara externa que dá cara á perna está separada pola marxe do acetábulo. As ás esténdense a cada banda da espiña dorsal. A crista ilíaca é a porción superior e corre desde a espiña ilíaca superior até a espiña ilíaca anterior.[4]

Distribución

[editar | editar a fonte]

O ilio está presente na maioría dos vertebrados incluíndo os mamíferos e paxaros, pero non se atopa en peixes óseos. Todos os réptiles teñen un ilio agás as serpes, malia teren algunhas especies de cobras un pequeno óso que se considera ser o ilio.[5]

  1. Vocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria, Santiago de Compostela, Universidade / Consellaría do Medio Rural, 2008 
  2. Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002
  3. Cirugía: Fundamentos, indicaciones y opciones técnicas. Elsevier España. ISBN 84-458-0376-X. 
  4. Gray anatomía para estudiantes (en español). Elsevier, España. ISBN 8481748323. 
  5. Infectious Diseases and Pathology of Reptiles. CRC Press. ISBN 9780849323218.