Infinity Ward
Infinity Ward | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | desenvolvedora de videoxogos ![]() | |||
Forma xurídica | filial ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Activision Blizzard ![]() | |||
Matriz | Activision ![]() | |||
Actividade | ||||
Industria | industria dos videoxogos ![]() | |||
Produtos
| ||||
Data | ||||
Fundación | 2002 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
País | Estados Unidos de América ![]() | |||
Sede | Woodland Hills ![]() | |||
Lugar de formación | Encino ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | infinityward.com ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Infinity Ward é unha compañía de videoxogos norteamericana fundada en 2002 por 22 antigos empregados de 2015, Inc.. En outubro de 2003 foi contratada por Activision, que lle encargou a programación de varias entregas de Call of Duty.
Reputación do estudo
[editar | editar a fonte]O seu primeiro xogo que programou foi Call of Duty, que recibiu boas críticas e varios premios .[1] Tanto Call of Duty 4: Modern Warfare coma Call of Duty: Modern Warfare 2 lograron vender máis de 10 millóns cada un deles [2][3][4][5].
Motores gráficos empregados
[editar | editar a fonte]A primeira creación do estudo empregou o motor Id Tech 3, mentres que Call of Duty 2 empregou unha versión modificada do mesmo motor, que agora soportaba DirectX 9. Para Modern Warfare usaron un motor propio, non aplicado en previos videoxogos [6]. O mesmo motor foi empregado por Activision noutros xogos da compañía, coma Call of Duty: World at War e Quatum of Solace [7][8]. Para Modern Warfare 2 optaron por unha versión máis avanzada do motor de Modern Warfare, denominada IW 4.0.
Conflito con Activision
[editar | editar a fonte]En marzo de 2010, Activision despediu a dous dos empregados de maior rango de Infinity Ward. Activision alegou que a decisión se debía a que ambos os dous mantiñan en segredo conversacións con Electronic Arts [9]. Pola súa banda, os despedidos reclaman que Activision non cumpriu cunha serie de pagamentos derivados das vendas de Modern Warfare 2. Reclaman ademais os dereitos da franquía Modern Warfare [6]. Días despois, Activision afirmou que Infinity Ward seguirá sendo un dos piares da programación de Call of Duty [10].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Video Game News, Reviews, and Walkthroughs - IGN.com" (en inglés). Consultado o 2019-02-01.
- ↑ "Call of Duty 4: Modern Warfare for Xbox 360 - Sales, Wiki, Release Dates, Review, Cheats, Walkthrough". www.vgchartz.com. Consultado o 2019-02-01.
- ↑ "Call of Duty 4: Modern Warfare for PlayStation 3 - Sales, Wiki, Release Dates, Review, Cheats, Walkthrough". www.vgchartz.com. Consultado o 2019-02-01.
- ↑ "Call of Duty 6 for PlayStation 3 - Sales, Wiki, Release Dates, Review, Cheats, Walkthrough". www.vgchartz.com. Consultado o 2019-02-01.
- ↑ "Call of Duty 6 for Xbox 360 - Sales, Wiki, Release Dates, Review, Cheats, Walkthrough". www.vgchartz.com. Consultado o 2019-02-01.
- ↑ 6,0 6,1 "Xbox Games, Wikis, Cheats, News, Reviews & Videos - IGN" (en inglés). Consultado o 2019-02-01.
- ↑ "GamesRadar+". gamesradar (en inglés). Consultado o 2019-02-01.
- ↑ "Gaming articles on Engadget". Engadget (en inglés). Consultado o 2019-02-01.
- ↑ Kollar, Phil. "UPDATE: Infinity Ward Vs. Activision". Game Informer (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2019. Consultado o 2019-02-01.
- ↑ Gonzalez, Annette. "Activision's Future Plans For Call Of Duty Call For New Developer". Game Informer (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2023. Consultado o 2019-02-01.