Intocable
Intocable | |
---|---|
Tipo | filme ![]() |
Xénero artístico | cinema de comedia, filme biográfico e cinema dramático ![]() |
Lingua orixinal | lingua francesa ![]() |
Autoría | |
Director/a | Olivier Nakache e Éric Toledano ![]() |
Compositor/a | Ludovico Einaudi ![]() |
Guionista | Olivier Nakache e Éric Toledano ![]() |
Director/a fotografía | Mathieu Vadepied (pt) ![]() ![]() |
Deseñador/a son | Pascal Armant (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Editor/a de cine | Dorian Rigal-Ansous (pt) ![]() ![]() |
Deseñador/a vestiario | Isabelle Pannetier (en) ![]() ![]() |
Actores
| |
Temática | |
Ambientado en | París ![]() |
Inspirado na obra de | Philippe Pozzo di Borgo (en) ![]() ![]() |
Publicación | |
Data publicación
| |
País orixe | Francia ![]() |
Produtor/a | Laurent Zeitoun (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Compañía produtora | Gaumont Film Company e TF1 ![]() |
Distribuidor/a | Gaumont Film Company ![]() |
Recadación | 426.588.510 $, 166.126.377 $, 79.066.638 $, 21.053.638 $, 19.385.193 $, 18.136.785 $, 12.001.871 $, 11.092.513 $, 10.198.820 $ e 8.467.742 $ ![]() |
Custo | 11.500.000 $ ![]() |
Formato de distribución | vídeo baixo demanda ![]() |
Puntuación crítica
| |
Dimensións | |
Duración | 1 hora e 52 minutos ![]() |
Localización | |
Localización rodaxe | París e Merville-Franceville-Plage ![]() |
Premios | |
Premios
| |
Contacto | |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Intocable (en francés: Intouchables) é un filme francés dirixido por Olivier Nakache e Éric Toledano que se estreou no 2011. Está protagonizado por François Cluzet e Omar Sy. A historia está baseada en feitos reais. Estreouse en galego na TVG o 25 de decembro de 2015.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Philippe, un aristócrata que ficou tetrapléxico a causa dun accidente de parapente, contrata como coidador a domicilio a Driss, un inmigrante dun barrio marxinal acabado de saír do cárcere. Aínda que, a primeira vista, non semella a persoa máis indicada, os dous acaban logrando que convivan Vivaldi e Earth, Wind & Fire, a elocuencia e a hilaridade, os traxes de etiqueta e o chándal. Dous mundos enfrontados que, pouco a pouco, conxenian ata forxar unha amizade tan disparatada, divertida e sólida como inesperada.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- François Cluzet como Philippe
- Omar Sy como Driss
- Audrey Fleurot como Magalie
- Clotilde Mollet como Marcelle
- Anne Le Ny como Yvonne
- Alba Gaïa Kraghede Bellugi como Elisa
- Cyril Mendy como Adama
- Christian Ameri como Albert
- Grégoire Oestermann como Antoine
- Marie-Laure Descoureaux como Chantal
- Absa Dialou Toure como Mina
- Salimata Kamate como Fatou
- Ludovico Einaudi como Músico
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2012: Premio Goya á mellor película europea
- 2011: Premios Cesar: Mellor actor (Omar Sy). 9 nomeamentos, incluíndo mellor filme.
- 2011: Festival de San Sebastián: Sección oficial non competitiva - Clausura.
- 2011: Festival de Tokyo: Mellor filme, mellor actor (François Cluzet e Omar Sy).
- 2011: Nomeada Premios David di Donatello: Mellor filme da Unión Europea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Crtvg Galicia (ed.). "Intocable na TVG". Consultado o 3 de novembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 85ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Intocable na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)