Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial
Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Nome curto | JAXA e ジャクサ ![]() | |||
Tipo | axencia espacial e editorial académica ![]() | |||
Forma xurídica | National Research and Development Agency (en) ![]() ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Matriz | Ministério da Educação, da Cultura, dos Desportos, da Ciência e da Tecnologia do Japão (pt) ![]() ![]() | |||
Entidades subsidiarias
| ||||
Precedido por | NASDA e National Aerospace Laboratory of Japan (en) ![]() ![]() | |||
Data | ||||
Fundación | 1 de outubro de 2003 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Xapón | |||
Prefectura metropolitana | Toquio ![]() | |||
País | Xapón ![]() | |||
Sede | Chōfu ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | global.jaxa.jp ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |

A Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial (en xaponés 宇宙航空研究開発機構, en inglés Japan Aerospace Exploration Agency, JAXA) é a axencia aeroespacial do Xapón.
Historia e características
[editar | editar a fonte]A JAXA fundouse o 1 de outubro do 2003 pola unión da Axencia Nacional de Desenvolvemento Espacial (NASDA), o Laboratorio Nacional Aeroespacial do Xapón (NAL) e o Instituto da Ciencia Aeronáutica e Espacial (ISAS).
A primeira misión da JAXA foi o lanzamento dun cohete H-2A, en novembro de 2003, que fracasou. Despois de 15 meses, en febreiro de 2005, a JAXA fixou un novo lanzamento dun cohete modelo H-2A dende o Centro Espacial de Tanegashima, poñendo un satélite en órbita. A partir do 2005, a JAXA planea realizar as súas propias misións espaciais, incluíndo futuras misións tripuladas a Lúa. No 2003 lanzou a misión chamada Hayabusa co cohete M-V para recoller mostras dun asteroide, chegando ao asteroide na segunda metade do 2005, e volvendo a Terra no 2010. No 2007 lanzou a sonda lunar SELENE. Existen outras misións interplanetarias están prevista para chegar cunha sonda ata Venus, a sonda PLANET-C, e outra a Lúa, a sonda LUNAR-A.
Información xeral
[editar | editar a fonte]
O ISAS foi o responsable da investigación espacial e planetaria. O NAL estaba enfocado na investigación da aviación. A NASDA fundouse o 1 de outubro de 1969, con oficinas centrais no Centro Espacial de Tanegashima, localizado na illa Tanegashima, a 115 quilómetros ao sur de Kyūshū. Adicado ao deseño e desenvolvemento de cohetes espaciais, satélites e do módulo de experimental xaponés para a Estación Espacial Internacional.
Asemade, a axencia mantén colaborción con outras entidades para o desenvolvemento de proxectos, como no caso da Misión BepiColombo, en colaborción coa ESA.[1]
Misións Hayabusa
[editar | editar a fonte]En 2003, JAXA enviou unha cápsula para recoller mostras dun asteroide. A misión Hayabusa retornou en 2010 só con partículas de po. En 2020, JAXA logrou facer retornar por primeira vez unha cápsula con mostras de asteroides, Hayabusa2.
Oficinas e Centros de Investigación
[editar | editar a fonte]A JAXA ten centros de investigación no Xapón e algunhas oficinas no exterior.
- Oficinas centrais - Chofu, Toquio
- Centro de investigación e observación terrestre (EORC) - Toquio
- Centro de observación terrestre (EOC) - Hatayama
- Centro de probas de Noshiro (NTC) - Dende 1962. Leva a cabo o deseño e proba de motores de cohetes.
- Centro de globos aerostáticos de Sanriku (SBC) - Plataforma de lanzamento de globos aerostáticos dende 1971.
- Centro de propulsión espacial de Kakuda (KSPC) - Deseño dos cohetes espaciais. Traballa de xeito principal no campo dos combustibeis líquidos para motores.
- Campo Sagamihara - Deseño de equipo experimental para cohetes e satélites. Tamén posúe edificios administrativos.
- Centro espacial Tsukuba (TKSC) - Centro da rede espacial do Xapón. Deseño e desenvolvemento de satélites e cohetes, adícase tamén a monitoreo e control dos satélites. Deseña equipos experimentais para o Módulo do Experimento Xaponés ("Kibo"). A formación de astronautas tamén se fai aquí.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "BepiColombo operations". ESA. Consultado o 1 de abril de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]
- PLANET-A (Suisei)
- PLANET-B (Nozomi)
- PLANET-C (Akatsuki)
- MUSES-A (Hiten)
- MUSES-B (Haruka)
- MUSES-C (Hayabusa)
- ASTRO-A
- ASTRO-B
- ASTRO-C
- ASTRO-D
- ASTRO-E
- ASTRO-F
- ASTRO-G
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- JAXA Arquivado 21 de marzo de 2007 en Wayback Machine.
- "JAXA Channel" Official YouTube channel
- International Space Station (ISS) and "Kibo" Information center
- NASDA
- ISAS Arquivado 01 de maio de 2008 en Wayback Machine.
- NAL