Saltar ao contido

Jon Snow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jon Snow

Tipopersonaxe de Game of Thrones, personaxe de A Song of Ice and Fire e personaxe humano de ficción Editar o valor en Wikidata
Obra
Universo ficticioUniverso de A Song of Ice and Fire Editar o valor en Wikidata
Creador/aGeorge R. R. Martin Editar o valor en Wikidata
Interpretado porKit Harington Editar o valor en Wikidata
Biografía
Lugar de nacementoTorre da Alegría Editar o valor en Wikidata
Lugar de falecementoCastelo Negro Editar o valor en Wikidata
Circunstancias mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Asasinado porGarda da Noite e Alliser Thorne Editar o valor en Wikidata
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Actividade
Inimigo/aCamiñante Branco e Rei da Noite Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónespía, escudeiro, soldado, gobernante, espadachín e revolucionario Editar o valor en Wikidata
Cargo ocupadoRei no Norte Editar o valor en Wikidata
ConflitoBattle of Castle Black (en) Traducir, Battle of the Bastards (en) Traducir e Battle of King's Landing (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiLyanna Stark Editar o valor en Wikidata
PaiRhaegar Targaryen Editar o valor en Wikidata
ParellaYgritte e Daenerys Targaryen Editar o valor en Wikidata
Irmá/nRhaenys Targaryen e Aegon Targaryen Editar o valor en Wikidata
ParenteEddard Stark, Benjen Stark, Daenerys Targaryen, Viserys Targaryen, Rhaella Targaryen, Aerys II Targaryen, Rickard Stark e Lyarra Stark Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Jon Snow é un personaxe ficticio da saga de novelas de fantasía A Song of Ice and Fire do escritor estadounidense George R. R. Martin, e da súa adaptación en serie de televisión Game of Thrones. É un destacado nas novelas, e está considerado como unha das "mellores creacións" do autor e un dos personaxes máis populares segundo The New York Times.[1][2] Jon é un dos personaxes principais da serie de televisión, e a trama do final da tempada 5 xerou unha forte reacción entre os espectadores. As especulacións sobre a parentela do personaxe tamén é un tema de debate entre os fans dos libros e da serie de televisión.

A personaxe de Jon aparece por vez primeira na novela de A Game of Thrones (1996) como o fillo ilexítimo de Ned Stark, o honorable señor de Winterfell, unha antiga fortaleza do Norte, un reino ficticio de Westeros. Sabendo que as súas perspectivas están limitadas polo seu status de fillo bastardo, Jon únese á Garda da Noite, que protexe a fronteira norte dos salvaxes que viven alén do Muro. Mentres que o resto dos Starks teñen que facer fronte a diferentes adversidades, Jon vese obrigado pola súa honra a ficar na Garda. En A Clash of Kings (1998), únese a unha expedición que investiga a crecente ameaza dos Outros alén do Muro e consegue infiltrarse entre os salvexes. Jon descobre que o seu obxectivo é invadir Westeros en A Storm of Swords (2000), e comeza a namorarse dunha rapaza salvaxe, Ygritte. Jon traizoa ós salvaxes, e a Ygritte, antes de que poidan atacar, pero a vitoria da Garda da Noite ten un alto prezo para Jon. Despois de converterse en Lord Comandante da Garda, aparece brevemente en A Feast for Crows (2005). Jon regresa como personaxe destacado en A Dance with Dragons (2011), traballando para negociar unha alianza entre a Garda da Noite e os salvaxes. A crecente animosidade que espertou na Garda finalmente alcánzao, e vese obrigado a afrontar as graves consecuencias.

Jon é interpretado por Kit Harington na serie da HBO Game of Thrones. A súa trama segue o argumento arco do personaxe baseado nas novelas, malia que a tempada 6 continuou coa historia aínda non escrita por Martin. Harington foi nomeado ós Premios Primetime Emmy como mellor actor secundario nunha serie dramática no 2016. Tamén foi nomeado ós Premios Saturn como mellor actor secundario en televisión, no 2012 e no 2016. El e o resto dos actores da serie foron nomeados ós Premio do Sindicato de Actores ó mellor elenco de televisión - drama en 2012, 2014, 2015 e 2016.

  1. Orr, David (12 de agosto de 2011). The New York Times, ed. "Dragons Ascendant: George R. R. Martin and the Rise of Fantasy". Consultado o 12 de xullo de 2014. 
  2. Jennings, Dana (14 de xullo de 2011). The New York Times, ed. "A Dance with Dragons Review: In a Fantasyland of Liars, Trust No One, and Keep Your Dragon Close". Consultado o 20 de xullo de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]