Luperco
![]() Altar de mármore coa representación da cova Lupercal. | |
Biografía | |
---|---|
País de nacionalidade | Imperio Romano |
Relixión | Relixión da antiga Roma |
Q89547790 | Ser venerado durante as Lupercais, festa romana dedicada á fertilidade e á protección do gando. |
Actividade | |
Ocupación | Deus da fertilidade e da protección dos rabaños. |
Descrito pola fonte | The Nuttall Encyclopædia >>>:Lupercus ![]() |
Luperco (en latín Lupercus, derivado de lupus, "lobo") é un antigo deus da mitoloxía romana invocado na protección da fertilidade e os rabaños.[1] Inicialmente identificóuselle co lobo sacro de Marte, posteriormente, como un epíteto de Fauno (Faunus lupercus, Fauno Luperco) e finalmente, asimilado ao deus Pan.[2]
Culto
[editar | editar a fonte]Na Antiga Roma, ao deus Luperco dedicóuselle un santuario ou cova sacra ao pé da ladeira noroeste do outeiro do Palatino, chamada Lupercal (do latín: lupercal, sagrado de Luperco), a mesma cova onde a lenda sinala que Fáustulo atopou aos xemelgos Rómulo e Remo.[1]
Os seus sacerdotes, os lupercos (do latín: lupercalis, de Luperco), estaban divididos en dous sodalidades coñecidas como Lupercos Quintili e Lupercos Fabiani, que segundo a tradición, procedían respectivamente, dos compañeiros de Rómulo e Remo.[1][3] O día sacro dedicado a Luperco era o 15 de febreiro e na Lupercal celebrábanse as festas Lupercais (en latín: Lupercalia), que consistían en ritos de purificación durante os que se lle ofrecían sacrificios dunha cabra e un can, ao que seguía a segunda parte do rito, onde dous mozos "Lupercos" espidos iniciábanse co rostro bañado de sangue dos animais inmolados e apenas vestidos coas peles dos animais sacrificados, corrían ao redor do Palatino, golpeando a calquera que se atopasen, particularmente ás mulleres, con látegos feitos coas peles dos animais sacrificados.[2][4] As mulleres buscaban os lategazos pois se cría que se volvían fecundas.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bayet, Jean (1984). LaLa Religión romana. Cristiandad. 1984. ISBN 84-7057-363-2.