Manuelito
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1818 ![]() Utah, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 1894 ![]() Arizona, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | Xarampón ![]() |
Xefe de guerra | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | Xefe tribal ![]() |
![]() ![]() |
Manuelito, tamén coñecido como Hastiin Chʼil Haajiní, nado en 1818 e finado en 1893, foi un dos principais xefes do pobo navagho antes, durante e despois do período da Longa marcha.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo do Clan Bitʼahnii, preto de Bear's Ears, no sueste de Utah. Como moitos navagho, ó longo da súa vida foi coñecido por diferentes nomes dependendo do contexto. No seu pobo, foi coñecido como Ashkii Diyinii (Neno Santo), Dahaana Baadaané (Xenro de texano), Hastiin Chʼilhaajiní (Herbas Negras) e Nabááh Jiłtʼaa (Guerreiro Xefe). Os seus inimigos chamárono "Burato de bala".
Manuelito foi un líder destacado que uniu ó seu pobo en contra da opresión do exército dos Estados Unidos. Durante varios anos, liderou un grupo de guerreiros que tentaron resistir os esforzos federais que pretendían mover o pobo navagho á forza ata Bosque Redondo, Novo México. Ese traslado tivo lugar en 1864 e coñécese como a Longa marcha dos navagho. Despois do traslado, Manuelito foi un dos líderes que asinou o tratado de 1868, finalizando así un período no que o seu pobo estivo preso en campos de concentración do goberno, e finalmente puideron establecer unha reserva. Manuelito tamén foi un férreo defensor da educación para os nenos navagho.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bosque Redondo/Fort Sumner (en inglés)
- Historia oral de Manuelito Arquivado 07 de decembro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- Famous Indian Chiefs I Have Known by Oliver Otis Howard (en inglés)