Polgar
Polgar | |
---|---|
digitus primus ![]() | |
![]() | |
Instancia de | clase de entidade anatómica ![]() |
Subclase de | dedo e entidade anatómica particular ![]() |
Parte de | man ![]() |
Localización anatómica | man ![]() |
Drenaxe linfática | Ganglios linfáticos deltoido-pectorais ![]() |
Irrigado por | arteria colateral interna do dedo polgar da man ![]() |
Drenado por | veas fondas da man ![]() |
Identificadores | |
MeSH | D013933 ![]() |
Thesaurus do NCI | C52834 ![]() |
Terminologia Anatomica 98 | A01.1.00.053 |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Na anatomía humana, o polgar ou matapiollos[1] é o primeiro dedo ou deda a contar dende o interior. O polgar da man humana (a diferenza dos primates en xeral) é completamente opoñible aos outros catro dedos, pode tocar os demais dedos dende a súa punta até a súa base e mesmo a parte superior da palma da man. Esta calidade dálle á man dos primates unha vantaxe evolutiva moi notable xa que mediante esta función anatómica, o polgar pode manipular obxectos grandes apoiándose coa palma da man e obxectos medianos ou pequenos apoiándose cun ou máis dedos dos outros dedos.
Suxeición
[editar | editar a fonte]Unha suxeición típica entre os dedos inclúe ao polgar e ao segundo dedo (índice), cando se suxeita un alfinete ou algo pequeno. Se o obxecto é máis grande ou se requiren funcións adicionais, como virar o obxecto, empréganse máis dedos.
Orixe do polgar
[editar | editar a fonte]A evolución do polgar opoñible ou prensible normalmente asóciase co Homo habilis, o predecesor do Homo sapiens. Isto, con todo, é un resultado da evolución do Homo erectus (preto dun millón de anos atrás) mediante unha serie de etapas antropomórficas intermedias, polo que resulta dun proceso evolutivo moito máis complicado.
O factor máis importante relacionado á habilidade da man e o seu polgar é a liberación da súa función na marcha, que aínda hoxe é crucial para os simios. No seu momento foi unha das consecuencias da gradual adopción de pitecantropoide e antropoide da erección do andar bípede e o desenvolvemento simultáneo dun gran cerebro en etapas posteriores.
Significado
[editar | editar a fonte]Nas culturas occidentais, se unha persoa, levanta ese dedo e pono cara a arriba, significa que aproba unha acción; e se o pon boca abaixo, significa que desaproba algo.
Outros animais con dedo polgar opoñible
[editar | editar a fonte]Moitos animais, como os primates e outros, teñen algún tipo de dedo opoñible:
- Panda, aínda que non sexa un polgar exactamente senón un sexto dedo que actúa como tal.
- Coala
- Opósum
- A maioría dos primates, tanto en mans como en pés, aínda que a destreza do polgar varía moitísimo dunha especie a outra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para matapiollos.