Megaforce Records
Megaforce Records | |||
---|---|---|---|
Tipo | selo discográfico ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1982 ![]() | ||
Localización | |||
País | Estados Unidos de América ![]() | ||
Sede | Nova York ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | megaforcerecords.com ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Megaforce Records é un selo discográfico independente estadounidense fundado en 1982 por Jon e Marsha Zazula para publicar os primeiros traballos de Metallica. Ten oficinas en Nova York e Filadelfia, estando a súa sede na primeira desas cidades. O selo é distribuído nos Estados Unidos por Sony Music Entertainment/RED Distribution. Foi distribuído por Atlantic Records nese país dende 1987 a 1991 mentres que as gravacións de Anthrax fixérono dende 1985 ata 1991 a través de Island Records.
Varios artistas de Megaforce teñen aparecido na lista Billboard 200, como Metallica, Living Colour, Blue October, The Black Crowes, Anthrax, Overkill, Testament, Mushroomhead, Ministry, Bad Brains e Meat Puppets. The Black Crowes, Meat Puppets e Skid Row teñen recibido varias certificacións da RIAA nos Estados Unidos.