Saltar ao contido

Minix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Minix

Instancia deUnix-like Editar o valor en Wikidata
Licenza3-clause BSD License (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Plataformax86 e ARM Editar o valor en Wikidata
Linguaxe de programaciónC Editar o valor en Wikidata
Datas e localizacións
Creación1987 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
DesenvolvedorAndrew S. Tanenbaum Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBminix3.org Editar o valor en Wikidata
Repositoriogit.minix3.org e github.com… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Minix é un clon do sistema operativo Unix distribuído xunto co seu código fonte e desenvolvido polo profesor Andrew S. Tanenbaum en 1987. A última versión oficial de Minix é a 3.0 e data de outubro de 2005.

Foi creado para ensinar aos seus alumnos o deseño de sistemas operativos na Vrije Universiteit de Ámsterdan. A razón do seu desenvolvemento foi que Unix estaba baixo restricións de licenza de AT&T, era demasiado complicado e corría sobre máquinas complexas.

Grazas ao seu reducido tamaño, deseño baseado en micronúcleo, e a súa ampla documentación, resulta bastante apropiado para persoas que desexan instalar un sistema operativo compatible con Unix na súa máquina persoal, así como aprender sobre o seu funcionamento interno. Minix foi desenvolvido para correr sobre IBM PC con procesador Intel 8088 ou superior, aínda que se crearon conversións para outros sistemas.

Debido ao enfoque puramente educativo de Minix, Tanenbaum non permitía que fose modificado demasiado xa que isto complicaba o sistema e non permitía que os seus estudantes o entendesen nun semestre. Por estes motivos, Linus Torvalds decidiu escribi-lo seu propio kernel de sistema operativo compatible con Unix (Linux), que -en simbiose co sistema operativo GNU, GNU/Linux- gañou protagonismo a Minix no campo dos Unix para ordenadores compatibles con IBM PC debido a que a súa licenza (GPL) permite a modificación do mesmo. Actualmente Minix se distrúe cunha licenza similar á licenza BSD, o que permite a súa modificación.

Para unha persoa pouco familiarizada cos elementos internos dun sistema operativo, Minix é unha boa opción que lle permite entender case tódolos elementos do sistema con só algúns meses de uso e estudo.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]