Saltar ao contido

Moda Center

Moda Center

Tipopavillón deportivo Editar o valor en Wikidata
EpónimoModa Health (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Custo$262 millóns
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Operador/aAnschutz Entertainment Group (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
OcupantePortland Trail Blazers, Portland Fire (en) Traducir e Portland WNBA team (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Propietario/aVulcan Inc. (Paul Allen)
Arquitecto/aEllerbe Becket
Enxeñeiro/aKPFF Consulting Engineers
Datas
Fundación12 de outubro de 1995 Editar o valor en Wikidata
Inauguración12 de outubro de 1995
Dimensións
CapacidadeBaloncesto: 19.441
Hóckey sobre xeo: 18.280
Localización
Mapa
 45°31′54″N 122°40′00″O / 45.531666666667, -122.66666666667
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoOregón
CondadoCondado de Multnomah (pt) Traducir
City of Oregon (en) TraducirPortland Editar o valor en Wikidata
Localización Portland, Estados Unidos
Contacto
Páxina WEBrosequarter.com… Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: modacenterRQ Twitter: modacenter Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O Moda Center (antes coñecido como Rose Garden) é un pavillón polideportivo cuberto situado na cidade de Portland (Oregón, Estados Unidos). Actualmente, é sede do equipo de baloncesto Portland Trail Blazers (NBA), así como dos Portland Winterhawks de hóckey sobre xeo e os Portland Thunder de fútbol americano a 8. Ten capacidade para 19.441 espectadores para partidos de baloncesto, a cal se pode modificar segundo o espectáculo albergado.

Interior do Moda Center.

O pavillón comezou a construírse no ano 1993 cerca do Memorial Coliseum, antigo pavillón dos Trail Blazers. O nome orixinal do pavillón era "Rose Garden", o cal foi elixido para reflectir o alcume polo que se lle coñece á cidade de Portland, Rose City, e o de Garden para seguir o ronsel dos populares Boston Garden e Madison Square Garden. O arquitecto encargado de trazar o novo pavillón foi Ellerbe Becket, orixinario de Minneapolis, Minnesota, mentres que o labor de enxeñaría foi levado a cabo pola empresa KPFF Consulting Engineers.

Ao principio, o pavillón era propiedade de Oregon Area Corporation, unha corporación privada cuxo único accionista era Paul Allen. A construción estivo financiada en parte por un consorcio de prestamistas (TIAA-CREF, Prudential Insurance e Farmers Insurance) que achegaron 155 millóns de dólares. O demais correu principalmente a conta de Allen e da cidade de Portland. O financiamento do Rose Garden foi un grande exemplo de asociación pública-privada. A cidade, á súa vez, esperou que a construción do pavillón podería axudar a desenvolver e renovar o distrito de Rose Quarter. O custo final do recinto ascendeu até os 262 millóns de dólares tras as últimas renovacións (oficinas, complexos de lecer e garaxes). A inauguración foi o 12 de outubro de 1995.

O principal equipo que xoga de local no pavillón é Portland Trail Blazers. Os Portland Winterhawks da WHL están alí desde 1995, mentres que os Portland Thunder da AFL están desde 2014. O pavillón foi construído tamén co obxectivo de ter unha franquía na NHL, mais de momento non se conseguiu a pesar das especulacións que houbo respecto dese asunto.

O Rose Garden acolleu varias veces eventos relacionados coa WWE, entre os que se inclúen o WWE Unforgiven en 2004, SmackDown! en 2006 e WWE Raw en febreiro de 2007. En inverno de 2005 celebráronse no Rose Garden os campionatos nacionais de patinaxe artística sobre xeo. En 2004, Portland foi elixida como unha das 5 sedes para albergar o Dew Action Sports Tour, unha franquía de deportes extremos que comezou en 2005. O evento que levou a cabo no Rose Garden titulouse Vans Invitational, e desenvolveuse entre o 17 e 21 de agosto. Tamén se practicaron competicións de motos. Ademais deses eventos o 17 de xuño de 2000 presentouse Roger Waters tocando In The Flesh, o DVD foi sacado dese concerto. O primeiro concerto que ofreceu o pavillón foi o de David Bowie con Nine Inch Nails. En novembro de 2005 os Rolling Stones e Paul McCartney tocaron no Rose Garden.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]