Mulero
Aparencia
Nome orixinal | Alfonso Santos |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | A Coruña, España ![]() |
Morte | 10 de xullo de 1961 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Posición de xogo | Porteiro |
Alfonso Santos Rodríguez, coñecido como Mulero, nado na Coruña c. 1900 e finado o 10 de xullo de 1961, foi un futbolista galego, que xogaba como porteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou coas mulas que arrastraban os tranvías da Coruña, motivo polo que recibiu o alcume de Mulero.[1] Comezou xogando ao fútbol como dianteiro no Célebre FC do Camiño Novo e logo pasou ao Fabril. Alí ocupou un día a portería, debido á ausencia do gardameta do equipo, e dende entón xogou xa sempre como gardameta.[2] En 1922 fichou polo Deportivo da Coruña, co que xogou durante os seguintes anos no Campionato de Galicia, proclamándose campión na tempada 1926/27, aínda que nos últimos anos perdeu a titularidade en favor de Isidro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Falleció Mulero". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xullo de 1961. p. 5.
- ↑ "Hablando con Alfonso Santos". Galicia (en castelán). 22 de decembro de 1924. p. 3. Consultado o 10 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).