NASDAQ
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
NASDAQ | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | Bolsa de valores e organización ![]() | |||
Forma xurídica | Bolsa de valores ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Operador/a | Nasdaq, Inc. ![]() | |||
Matriz | Nasdaq, Inc. ![]() | |||
Director/a executivo/a
| ||||
Actividade | ||||
Industria | servizos financeiros ![]() | |||
Data | ||||
Fundación | 4 de febreiro de 1971 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Estados Unidos de América | |||
Estado federado | Nova York | |||
Cidade | Nova York ![]() | |||
País | Estados Unidos de América e Suecia ![]() | |||
Sede | Nova York e One Liberty Plaza (pt) ![]() ![]() | |||
Ligazóns | ||||
Páxina WEB | nasdaq.com ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A National Association of Securities Dealer Automated Quotation (NASDAQ) é o mercado electrónico de accións en Estados Unidos. Fundouno a National Association of Securities Dealers (NASD) e privatizouse nunha serie de vendas no 2000 e o 2001. É dono e operado pola compañía Nasdaq Stock Market, Inc. (NDAQ) a cal se incluíu no seu propio sistema de intercambio accionario no 2002. NASDAQ é a bolsa de comercio electrónica máis grande dos EE.UU. Con aproximadamente 3300 compañías, intercambia en media máis accións por día que calquera outro mercado estadounidense. O actual[cando?] Xefe executivo é Robert Greifeld.
O NASDAQ é unha bolsa de valores electrónica e automatizada cuxa oficina principal está en Nova York. O NASDAQ Stock Market foi fundado na década dos setenta.
NASDAQ lista máis de 7.000 accións de pequena e mediana capitalización. Caracterízase por comprender as empresas de alta tecnoloxía en electrónica, informática, telecomunicacións, biotecnoloxía etc.
Os seus índices máis representativos son o Nasdaq 100 e o Nasdaq Composite.
NASDAQ ten a súa raíz na petición do Congreso dos Estados Unidos á comisión que regula a bolsa (Securities and Exchange Commission) de que realizase un estudo sobre a seguridade dos mercados. A elaboración deste informe detectou que os mercados non regulados eran pouco transparentes. O SEC propuxo a súa automatización e de aí xurdiu o NASDAQ Stock Market, cuxa primeira sesión foi o 8 de febreiro de 1971.
Entre 1997 e 2000, impulsou 1.649 empresas públicas e no proceso xerou 316,5 miles de millóns de dólares. Logo dunha profunda reestruturación no 2000, NASDAQ converteuse nunha empresa con fins de lucro e totalmente rexida por accionistas. Actualmente continúa incrementando a súa capacidade no volume de transaccións, sendo capaz de transaccionar 6 billóns de accións nun día. Hoxe en día, a sede de NASDAQ está aloxada nun edificio do Times Square en Nova York.