Saltar ao contido

Nadal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre a celebración cristiá, para o artigo sobre o mes de nadal vexa decembro.
Nadal

Tipofestividade cristiá, día festivo oficial e festivo federal Editar o valor en Wikidata
Subclasecelebración Editar o valor en Wikidata
Parte deGrandes Festas da Igrexa Ortodoxa e tempo de Nadal Editar o valor en Wikidata
Data
Día periódico19 de xaneiro Patriarca Armênio de Jerusalém (pt) Traducir
25 de decembro Igrexa católica solemnidade
24 de decembro Dinamarca, Suecia, Alemaña
Koiak 29 (en) Traducir Calendário copta (pt) Traducir
25 de dezembro na Igreja Ortodoxa (pt) Traducir Grandes Festas da Igrexa Ortodoxa calendario litúrxico ortodoxo
6 de xaneiro
7 de xaneiro Editar o valor en Wikidata
Características
ConmemoraNacemento de Xesús Editar o valor en Wikidata
Alimentos asociadosPlätzchen (en) Traducir, pão de mel (pt) Traducir, Christmas pudding (en) Traducir, Turrón, gulugulu (en) Traducir, carne de pavo, Christmas ham (en) Traducir, albóndega, Pinnekjøtt (pt) Traducir, Medisterpølse (pt) Traducir, pork belly (en) Traducir e smalahove (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]
Representación do nacemento de Xesús (San Salvador de Meis, Pontevedra).

O Nadal (do latín dies natalis 'día do nacemento'[1]) é unha festa cristiá que conmemora o nacemento de Xesús de Nazaret. A Igrexa católica latina, as Igrexas protestantes e a maioría das Igrexas ortodoxas celébrana o 25 de decembro. Algunhas Igrexas ortodoxas e católicas orientais celébrana o 7 de xaneiro, xa que non aceptan o calendario gregoriano.

A data orixinal de celebración do Nadal na tradición cristiá oriental era o 6 de xaneiro, xunto coa Epifanía, e segue a ser así no calendario litúrxico da Igrexa apostólica armenia, e festividade pública en Armenia. En 2013 hai unha diferenza de 13 días entre o actual calendario gregoriano e o calendario xuliano. Aqueles países e Igrexas que empregan o calendario xuliano (ou equivalentes) celebran, xa que logo, o Nadal e a Epifanía o 25 de decembro e o 6 de xaneiro respectivamente, que correspóndense co 7 e o 19 de xaneiro do calendario xuliano. Por esta razón Exipto, Etiopía, Eritrea, Rusia, Xeorxia, Ucraína, Serbia, Macedonia e Moldova celebran o Nadal cando no calendario gregoriano é o 7 de xaneiro. As Igrexas ortodoxas de Bulgaria, Grecia, Romanía, Antioquía, Alexandría, Albania, Finlandia e América celebran o Nadal o 25 de decembro no calendario xuliano revisado, que correspóndese tamén co 25 de decembro do gregoriano.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

O Nadal ten a súa orixe nunha festividade pagá, cando a humanidade festexaba o solsticio de inverno, o nacemento da luz e con ela o revivir da terra e a garantía das vindeiras colleitas. A cultura romana adoptou as celebracións na mesma data. Posteriormente o cristianismo asimilou a data da celebración como día do nacemento de Cristo, mesturando ritos populares con outros novos. As celebración actuais mesturan, logo, ritos pagáns (tizón de Nadal, árbore de Nadal, Apalpador, Papá Noel...) con relixiosos (nacemento de Xesús, Belén, Día de Reis...)[2].

Cristianismo

[editar | editar a fonte]
Imaxe dunha bóla nunha árbore de Nadal.

Segundo os Evanxeos, Xesús naceu en Belén de Xudea. Seus pais foron María e Xosé, estando estes de viaxe para seren rexistrados no censo romano. O nacemento de Xesús, de acordo cos seus seguidores, cumpría as profecías xudías sobre a chegada dun mesías que redimiría o mundo do pecado.

As súas orixes remóntanse ao espallamento da relixión cristiá no século II: os romanos celebraban o día 25 o Natalis Solis Invicti 'nacemento do sol invicto'; por outra banda, os pobos xermánicos celebraban unha festa pagá no solsticio de inverno. Ben puido ser que a Igrexa decidise facer coincidir as datas.

A noite do 24 de decembro a igrexa católica celebra a misa do galo que conmemora o nacemento de Xesucristo. Porén, nos países occidentais no último século celébrase o Nadal dende o 24 de decembro ata o día de Reis o 6 de xaneiro como unha festa de reunión familiar e cun compoñente comercial importante, perdendo en gran medida o espírito relixioso.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "O Nadal en sete palabras". Portal das Palabras. Consultado o 22 de decembro do 2015. 
  2. Artigo sobre o Nadal en Portal das Palabras

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]