Saltar ao contido

Nothing Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nothing Records

Tiposelo discográfico Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Fundador/aJohn Malm Jr. (pt) Traducir e Trent Reznor Editar o valor en Wikidata
MatrizUniversal Music Group Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1992 Editar o valor en Wikidata
Disolución2004 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
SedeNova Orleáns Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBnothingrecords.com Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Nothing Records foi un selo discográfico estadounidense, especializado en rock industrial e música electrónica, fundado por John Malm Jr. e Trent Reznor en 1992. Nothing desapareceu no ano 2004.

Nothing Records é sobre todo coñecida polas súas dúas primeiras bandas, o propio grupo de Trent Reznor Nine Inch Nails e Marilyn Manson.

O selo fíxose moi popular na escena do rock industrial, e incluso tivo o seu propio fanzine online chamado Sick Among the Pure, aínda que posteriormente converteuse nun fanzine industrial máis xeral que deixou de existir no 2005. O selo Nothing adoitaba a recompensar aos seus seareiros a través de Internet, e unha forma era con Radio Nothing: unha exclusiva colección de MP3 que podían escoitarse gratuitamente.

En setembro do 2004, coincidindo coa partida de Trent Reznor de Nova Orleáns cara a costa oeste, a páxina de Nine Inch Nails puxo "nothing studios: 1994-2004", suxerindo a desaparición da discográfica. Posteriormente aclarouse que a banda rematara a súa relación con Nothing Records. A especulación entre o público sobre a continuidade do selo cesou cando Reznor demandou con éxito ao seu cofundador John Malm Jr por fraude e incomprimento do seu deber (entre outros motivos).

O 5 de maio do 2005 nunca actualización en nin.com Trent escribiu, "Para ser claro: a miña relación con Nothing Records rematou. Está Nothing Records vivo ou existe como entidade? Habería que preguntarlle a John Malm (nós non estamos realmente falando moito estes días)... os estudios Nothing aínda están en Nova Orleáns e non estou seguro de que vou facer con eles. Pensareino cando remate coa xira".

With Teeth e os seus correspondentes sinxelos levan o logo de Nothing Records, pero Reznor dixo publicamente que foi pola insistencia de John Malm. Beside You In Time (editado en febreiro do 2007) tamén leva o logo no seu paquete e nos créditos do vídeo.

O sinxelo "Survivalism" e o álbum Year Zero, editados respectivamente en marzo e abril do 2007, xa non contan co logotipo da discográfica.