Saltar ao contido

OS/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
OS/2

Instancia desistema operativo Editar o valor en Wikidata
Obra derivadaArcaOS (pt) Traducir e EComStation (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Licenzalicenza de propiedade Editar o valor en Wikidata
Produción
Formato de distribución3½-inch floppy disk (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Plataformax86 Editar o valor en Wikidata
Linguaxe de programaciónC Editar o valor en Wikidata
Datas e localizacións
Creacióndecembro de 1987 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
DesenvolvedorIBM e Microsoft Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBecomstation.com Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O OS/2 (Operating System 2) é un sistema operativo orixinalmente desenvolto por IBM e Microsoft para substituír o MS-DOS que non era capaz de aproveitar todos os recursos das computadoras baseadas nos microprocesadores Intel 80286.

OS/2 1.0 anunciouse en abril de 1987 e saíu ao mercado en decembro en versión de modo texto, como un sistema operativo de 16 bits, multitarefa, estable, rápido e moi potente, ao permitir a habilitación de memoria virtual.

OS/2 1.1 que saíu en novembro de 1988 incluía un xestor en modo gráfico, o Presentation Manager.

En 1990 Microsoft decidiu concentrarse no sistema Windows e tan só IBM seguiu a desenvolver o sistema OS/2.

OS/2 2.0, que saíu en 1992 foi a primeira versión de 32 bits, que aproveitaba a capacidade do modo virtual 8086 do microprocesador Intel 80386 e mellorou o Work Place Shell, que se converteu nun sistema de fiestras orientadas a obxectos.

OS/2 Warp 3 saíu en 1994 e que permitía o soporte de todo o hardware que existía nese momento no mercado, compatibilidade con Internet e un paquete multimedia.

OS/2 Warp 4 saíu en 1996 e engadiu soporte para linguaxe Java e software de recoñecemento de voz.

IBM anunciou que o 23 de decembro de 2005 deixaría de vender este sistema operativo, aínda que seguiría dándolle soporte estándar ata o 31 de decembro de 2006.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.