Panzer II
Panzer II | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | familia de vehículos de combate ![]() |
Subclase de | tanque lixeiro ![]() |
Produción | |
País de orixe | Alemaña nazi ![]() |
Fabricante | MAN SE, Daimler-Benz, Fahrzeug und Motoren-Werke, Henschel & Son, KNDS Deutschland, Alkett e MIAG ![]() |
Total producido | 1.856 ![]() |
Datas e localizacións | |
Entrada en servizo | 1936 ![]() |
Retiro do servizo | 1945 ![]() |
Conflito
| |
Dimensións | |
Altura | 2 m ![]() |
Anchura | 2,2 m ![]() |
Lonxitude | 4,8 m ![]() |
Persoas e organizacións | |
Deseñador/a | Friedrich Krupp AG ![]() |
Cronoloxía | |
← Panzer I ![]() | |
[ Wikidata ] [ G:Commons ] [ C:Commons ] |
Panzer II é o nome común usado para unha familia de carros de combate alemáns empregados na segunda guerra mundial. A designación oficial alemá era Panzerkampfwagen II (abreviado como PzKpfw II).
Aínda que o vehículo foi orixinalmente deseñado como un recurso provisional mentres se desenvolvían carros máis grandes e avanzados, while larger, este pasou a xogar un importante papel nos primeiros anos da guerra, durante as campañas de Polonia e Francia. O Panzer II foi o carro máis numeroso nas divisións Panzer e foi tamén usado tanto no norte de África contra os británicos, como na fronte leste contra a Unión Soviética.
O Panzer II foi complementado polos Panzer III e IV cara 1940/1941. A partir de entón, empregouse con grande éxito como carro de recoñecemento. Cara finais de 1942 foi retirado en gran parte da liña de fronte e usouse para o adestramento e en frontes secundarios. A fabricación do Panzer II rematou en 1943, pero o seu chasis seguiu sendo usado como base para varios vehículos blindados, principalmente para artillaría autopropulsada e cazacarros como o Wespe e o Marder II.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Panzer II ![]() |