Pavimento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pavimento en madeira.

Pavimento (do latín pavimentu), en arquitectura, é a base horizontal dunha determinada construción (ou as diferentes bases de cada nivel dun edificio) que serve de apoio ás persoas, animais ou calquera peza de mobiliario. Un pavimento pode ter diversos tipos de revestimento (pedra, madeira, cerámica etc.). Sería sinónimo de chan.

En enxeñería, pavimento ou sollado é a capa constituída por un ou máis materiais que se colocan sobre o chan ou terreo natural ou nivelado, para aumentar a súa resistencia e servir para a circulación de persoas ou vehículos. Entre os materiais utilizados na pavimentación urbana, industrial ou viaria están os chans con maior capacidade de soporte, os materiais rochosos, o formigón e as mesturas asfálticas.

Unha das primeiras formas de pavimentación foi a calzada romana, construída en varias camadas. Esta grande obra de enxeñería logrou que varios tramos resistan durante séculos e que se poidan atopar inclusive hoxe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]