Saltar ao contido

Red Riding

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Red Riding
Tiposerie cinematográfica Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoNeo-noir, serie de televisión policíaca e drama televisivo Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aJulian Jarrold (pt) Traducir, James Marsh e Anand Tucker (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
GuionistaTony Grisoni (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enYorkshire e Leeds Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeReino Unido Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraFilm4 Productions (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aIFC Films (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalChannel 4 Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo5 de marzo de 2009 Editar o valor en Wikidata
Remate19 de marzo de 2009 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración1 hora e 30 minutos Editar o valor en Wikidata
Episodios3 Editar o valor en Wikidata
Composto por
Contacto
Páxina WEBredriding.channel4.com Editar o valor en Wikidata
Redessen valor Rottentomatoes: m/red_riding_trilogy Metacritic: movie/red-riding-trilogy TV.com: shows/red-riding Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Red Riding é unha serie de televisión británica, adaptación das novelas de David Peace Red Riding Quartet. Publicadas entre 1999 e 2002, o cuarteto de novelas son Nineteen Seventy-Four (1999), Nineteen Seventy-Seven (2000), Nineteen Eighty (2001) e Nineteen Eighty-Three (2002). Como pano de fondo dos asasinatos en serie, inclúese na trama o caso do Yorkshire Ripper, e das múltiples capas da corrupción policial. Contan con varios personaxes recorrentes nos catro libros.

Primeira parte da miniserie británica estreada o 5 de marzo do 2009. Protagonizada por Sean Bean e Andrew Garfield. A trama está focalizada nunha serie de asasinatos sen resolver de nenas pequenas. Está ambientada no ano do título. A historia segue a Eddie Dunford (Andrew Garfield), un xove xornalista do Yorkshire Post que tenta atopar información sobre os casos das nenas mortas.

Segunda parte da miniserie británica estreada o 12 de marzo do 2009. O tema deste episodio é a investigación dos asasinatos do Yorkshire Ripper. Protagonizada por Paddy Considine como Peter Hunter, un oficial de policía contratado para avaliar a investigación dos asasinatos do Destripador. O resto do elenco son David Morrissey como Maurice Jobson, Jim Carter como Harold Angus e Maxine Peake como Helen Marshall.

Terceira e última parte da miniserie británica estreada o 19 de marzo de 2009. Este episodio describe unha especie de redención dos tres personaxes principais. Deste xeito, ponse de manifesto e implica a tódolos puntos da trama oculta importantes nos últimos dous episodios, e é por esta razón que os flashbacks son moito máis frecuentes aquí que na segunda parte. Tamén bota luz sobre a figura do reverendo Martin Laws de Fitzwilliam (Peter Mullan), que aparecera durante toda a serie. Os acontecementos desta parte comenzan coa desaparición da cuarta nena.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]