Saltar ao contido

Slackware

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Slackware


Instancia dedistribución de GNU/Linux e sistema operativo Editar o valor en Wikidata
Obra derivadaVector Linux (pt) Traducir, AUSTRUMI Linux (en) Traducir, DeLi Linux (en) Traducir, DNALinux (pt) Traducir, Kongoni GNU/Linux (en) Traducir, NimbleX (pt) Traducir, Platypux (pt) Traducir, Porteus (pt) Traducir, Salix OS (en) Traducir, TopologiLinux (pt) Traducir e Zenwalk (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LicenzaLicenza Pública Xeral de GNU Editar o valor en Wikidata
Baseado enSoftlanding Linux System Editar o valor en Wikidata
Produción
Formato de distribuciónCompact Disc Read Only Memory e descarga dixital Editar o valor en Wikidata
Características
Plataformax86 e x86-64 Editar o valor en Wikidata
Biblioteca de IUKDE, Xfce, MATE (pt) Traducir e Cinnamon (interface de usuário) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas e localizacións
Creación16 de xullo de 1993 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
DesenvolvedorPatrick Volkerding (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBslackware.com Editar o valor en Wikidata
Manualslackbook.org Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]

Slackware Linux é a distribución Linux máis antiga que ten vixencia. O seu primeiro lanzamento foi en abril do ano 1993, e actualmente conta coa versión 14.1. Contén un programa de instalación doado de usar (mais pode ser unha distribución complexa para os novos en sistemas linux), extensa documentación aínda que pouca en galego, e un sistema de xestión de paquetes baseado en menús.

Unha instalación completa inclúe unha implementación de X Window System para o sistema de xanelas X.Org; entornas de escritorio como KDE (4.8.5) (GNOME estivo incluído ata a versión 10.1) e Xfce (4.10); contorno de desenvolvemento para C/C++, Perl, Python, Java, LISP e Ruby; utilidades de monitorización de redes, servidores de correo (Mozilla Thunderbird), de noticias (INN), HTTP (Apache) ou FTP; programas de deseño gráfico como GIMP; navegadores web como Konqueror, Firefox e Mozilla SeaMonkey, entre outras moitas aplicacións.