Saltar ao contido

Steam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Steam


Instancia deplataforma de distribución de videoxogos, repositorio de software e xestión de dereitos dixitais Editar o valor en Wikidata
Usoxestión de dereitos dixitais Editar o valor en Wikidata
Licenzalicenza de propiedade Editar o valor en Wikidata
Produción
Formato de distribucióndescarga dixital Editar o valor en Wikidata
Características
Sistema operativoMicrosoft Windows, macOS, Linux, Android, iOS e Windows Phone Editar o valor en Wikidata
PlataformaAndroid, Microsoft Windows e Unix-like Editar o valor en Wikidata
Linguaxe de programaciónC++, Java e Objective-C Editar o valor en Wikidata
Datas e localizacións
Publicación12 de setembro de 2003 Editar o valor en Wikidata
Creación12 de setembro de 2003 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Propietario/aValve Corporation Editar o valor en Wikidata
Fundador/aValve Corporation Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aMicrosoft Store, Google Play, App Store e Valve Corporation Editar o valor en Wikidata
DesenvolvedorValve Corporation Editar o valor en Wikidata
Creador/aValve Corporation Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBstore.steampowered.com Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: Steam Twitter: Steam Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Steam é un servizo de distribución dixital de videoxogos desenvolvido por Valve Corporation. Foi lanzado en setembro de 2003 como unha forma para Valve de achegar actualizacións de xeito automático aos seus xogos, mais acabou ampliándose para incluír xogos que non son de Valve senón de terceiros. Steam ofrece protección contra a pirataría,[1][2] servidores de emparellamento, transmisións de vídeo e servizos de redes sociais. Tamén achega ao usuario a instalación e a actualización automática de xogos e características de comunidade como grupos e listas de amigos, gardado na nube, voz no xogo e funcionalidade de chat.

É empregado ora por pequenos desenvolvedores independentes, ora por grandes corporacións de software para a distribución de videoxogos e material multimedia relacionado.

Para poder desfrutar de todos estes servizos, é preciso estar rexistrado no servizo mediante a creación dunha conta de balde, á cal se vinculan os videoxogos mercados polo xogador. Estes xogos poden ser tanto os xogos que se ofrecen para a compra na propia plataforma como certos xogos comprados en tendas físicas.

  1. "DRM de Steam". Documentación de Steamworks (en español). Steam. Consultado o 16 de maio de 2020. 
  2. MacIntire, Sarah Adelaida (4 de agosto de 2009). "DRM Weekly News 2009" (en inglés). Free Software Foundation. Consultado o 16 de maio de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]