Undertow
Undertow | |
---|---|
Tipo | álbum musical ![]() |
Forma artística | álbum de estudio ![]() |
Xénero artístico | metal alternativo e metal progresivo ![]() |
Linguas
| |
Autoría | |
Interpretado por | Tool ![]() |
Temática | |
Parte de | discografia de Tool (pt) ![]() ![]() |
Publicación | |
Lugar publicación | Estados Unidos de América ![]() |
Produtor/a | Tool e Sylvia Massy (pt) ![]() ![]() |
Selo discográfico | Zoo Entertainment ![]() |
Formato de distribución | streaming de música ![]() |
Cronoloxía | |
Ænima ![]() | |
Contacto | |
Páxina WEB | toolband.com ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Undertow é o primeiro álbum da banda de metal progresivo estadounidense Tool. Foi editado o 6 de abril de 1993 polo selo Zoo Entertainment. Durante unha época na cal o grunge estaba no seu punto máis alto de popularidade, e o pop punk comezaba a emerxer coa axuda das radios, Undertow axudou ao metal a continuar destacando como estilo musical, e permitiu a varias bandas posteriores facerse un oco a través do mainstream. No mes de xullo do ano 2010 o álbum levaba vendidas 2.900.000 copias nos Estados Unidos.
O álbum foi gravado entre outubro e decembro do ano 1992 nos Grand Master Studios, situados en Hollywood, California, por Sylvia Massy. Algunhas das súas cancións son temas que a banda decidiu non incluír no seu primeiro EP, Opiate.
A portada do álbum foi deseñada polo guitarrista Adam Jones. Fotos no libreto dunha muller obesa núa, un home tamén nu e unhas imaxes dos membros do grupo con agullas insertadas na cara xeraron moita controversia, facendo que o álbum fose retirado de moitas tendas como Kmart e Wal-Mart. A banda reaccionou editando outra versión, na cal aparecía un gran código de barras nun fondo branco. Nesta versión incluíase unha nota do grupo explicando a autocensura.
Undertow foi elixido décimo mellor álbum do ano 1993 pola publicación Alternative Press[1]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todas as letras escritas por Maynard James Keenan, agás onde se indique, toda a música composta por Adam Jones, Danny Carey, e Paul D'Amour, agás "Sober", escrita por Keenan, Jones, Carey e D’Amour..
N.º | Título | Letras | Duración | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Intolerance" | 4:53 | |||||||
2. | "Prison Sex" | 4:56 | |||||||
3. | "Sober" | 5:06 | |||||||
4. | "Bottom" |
|
7:14 | ||||||
5. | "Crawl Away" | 5:30 | |||||||
6. | "Swamp Song" | 5:31 | |||||||
7. | "Undertow" | 5:22 | |||||||
8. | "4°" | 6:03 | |||||||
9. | "Flood" | 7:46 | |||||||
10. | "Disgustipated" (o tema remata no 6:45; pódense escoitar sons de grilos durante 7 minutos e 5 segundos, e entón no 13:50 reprodúcese unha mensaxe oculta mentres os grilos continúan ata o final.) | 15:47 | |||||||
68:08 |