Saltar ao contido

Bellesguard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bellesguard
A torre Bellesguard
Tipomansión Editar o valor en Wikidata
Estilomodernismo catalán Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Arquitecto/aAntoni Gaudí Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1900 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 41°24′34″N 2°07′36″L / 41.4094, 2.1267
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloBarcelona
DistritoSarrià-Sant Gervasi
Barrio administrativoSant Gervasi-la Bonanova Editar o valor en Wikidata
EnderezoBellesguard, 20 Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben de Interese Cultural
Data24 de xullo de 1969
IdentificadorRI-51-0003817

Ben Cultural de Interese Nacional
Codi BCIN39-MH-EN Editar o valor en Wikidata
Codi BICRI-51-0003817 Editar o valor en Wikidata
Id. IPAC43 Editar o valor en Wikidata
Id. IPAPC14234 Editar o valor en Wikidata
Id. Barcelona2203 Editar o valor en Wikidata
Composto por
Contacto
Páxina WEBbellesguardgaudi.com Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

A torre Bellesguard (bela vista en catalán), tamén coñecida como Casa Figueres, é unha casa modernista proxectada por Antoni Gaudí e construída entre 1900 e 1909 aos pés da montaña do Tibidabo, na rúa do mesmo nome, en Barcelona. A casa é de propiedade privada e non se pode visitar.

Gaudí estivo axudado polos seus colaboradores Domènec Sugrañes, que fixo os bancos de azulexos da porta de entrada, o arrimo da escaleira e a casa do porteiro; e Joan Rubió, que construíu o viaduto de desvío do camiño á leira.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Nese lugar atopábase un antigo castelo, erixido polo rei de Aragón Martiño I o Humano, que o adoptou como residencia estival en 1410.[1] Foi aquí onde o rei contraeu matrimonio con Margarida de Prades. Ao morrer o rei, o castelo entrou en decadencia e deixou de ser propiedade da coroa en 1422. No século XVII serviu de refuxio para o bandoleiro Serrallonga.[2] Gaudí aproveitou os poucos elementos restantes da antiga fortaleza (paredes, patio etc.) para construír o novo Bellesguard. É por iso que a casa ten unha aparencia externa de castelo, incluíndo as ameas.

Porta de entrada

O encargo para o novo edificio recibiuno Gaudí de parte de María Sagués Molins, viúva de Jaume Figueras. Gaudí fixo un proxecto neogótico, respectando ao máximo o edificio anterior; como sempre, procurou integrar a arquitectura no marco natural circundante, polo que efectuou a construción coa pedra louseira do lugar.

O edificio é de planta cadrada de 15 x 15 metros, cos vértices orientados aos catro puntos cardinais. Construído con pedra e ladrillo, ten moita máis proxección vertical, axudado por unha torre troncocónica coroada coa cruz de catro brazos típica de Gaudí, xunto á bandeira catalá e unha coroa real. A bufarda, cos seus arcos de ladrillo, é unha demostración de mestría na utilización deste material, do mesmo xeito que pode verse en edificios como a Casa Batlló ou o Colexio Teresiano de Barcelona.

A casa dispón de soto, planta baixa, planta nobre e faiado, con teito de catro augas. Os teitos das salas están construídos coa técnica chamada bóveda catalá, consistente en distintas capas de ladrillo superpostas.[3] Os mosaicos, debuxados por Domènec Sugrañes, xunto co ferro forxado, engaden fantasía ao edificio.

Banco de azulexo da porta de entrada

Para Bellesguard Gaudí empregou unha técnica de mosaico pétreo para conseguir un efecto característico na textura das paredes do edificio: utilizaba pequenas pedras do lugar que colocaba sobre moldes de xeso, de forma cadrada ou octogonal; encima botaba morteiro e, ao extraer as pezas, quedaba a pedra na cara exterior. Esta técnica empregouna por primeira vez no Palacio Güell, e empregouna de novo no Parque Güell.[4]

Na porta do xardín hai un escudo de Cataluña co sol e a lúa, así como a inscrición Ave Maria puríssima, sens pecat fou concebuda (Ave María purísima, sen pecado concibida), feita con ferro de forxa. No pozo do xardín hai unha caseta para o motor en forma de dragón, o Pitón protector das augas subterráneas.

A casa foi restaurada en 1983. Actualmente é de propiedade particular. A súa cruz foi retirada en maio do 2008 por risco de esborralle. Unhas obras dun gran tubo de auga puideron afectar o monumento de Gaudí, o que acendeu as alarmas pola construción do túnel do AVE á beira da Sagrada Familia.

  1. Bassegoda, Gaudí o espacio, luz y equilibrio, páx. 165.
  2. Férrin, Gaudí, de piedra y fuego, páx. 254.
  3. Crippa, Gaudí, páx. 49.
  4. Bassegoda, El gran Gaudí, páx. 441.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]