Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1 de xaneiro - Historia de internet : ARPANET deixa o protocolo NPC e adopta o TCP/IP .
4 de xaneiro , Vaga de atentados contra as posicións soviéticas en Cabul . 30 oficiais afgáns asasinados polos seus propios soldados.
22 de xaneiro - 1983 - España : No hospital de Bellvitge de Barcelona realízase o primeiro trasplante de fígado do país.
23 de xaneiro
Emítese por primeira vez a serie de televisión The A Team .
O tenista sueco Björn Borg , pentacampeón de Wimbledon , explica as razóns da súa retirada da alta competición.
24 de xaneiro - O tenista estadounidense John McEnroe vence ó checo Ivan Lendl e proclámase campión do (Tennis Masters Cup ) de Nova York .
25 de xaneiro
2 de febreiro - Retómanse en Xenebra as negociacións soviético -estadounidenses START , referidas á redución do armamento estratéxico
3 de febreiro - O Papa Xoán Paulo II presenta o novo Código de dereito canónico .
6 de febreiro - Trasládase a Klaus Barbie ao forte de Montcluc (Francia), para ser xulgado como autor dos crimes cometidos por forzas alemás baixo o seu mando na segunda guerra mundial.
7 de febreiro :
Realízase o primeiro transplante de páncreas en España.
Irán leva a cabo unha grande ofensiva contra Iraq.
Ábrense as portas do remodelado "Palacio de El Pardo" (Madrid), destinado no futuro á residencia de Xefes de Estado estranxeiros en visita a España.
13 de febreiro - Morren sesenta e catro xoves italianos no incendio dun cine en Turín .
14 de febreiro - Ariel Sharon dimite como Ministro de Defensa de Israel, acusado de instiga-la matanza nos campos de palestinos de Sabra e Chatila (Beirut ).
16 de febreiro
A poboación de Sagunto (Valencia) inicia unha folga xeral na defensa da continuidade dos Altos Fornos do Mediterráneo.
Detidos en España os presuntos implicados na matanza de Boloña, que tivo lugar o 2 de agosto de 1980 .
18 de febreiro
20 de febreiro
Sanguentos disturbios nas eleccións celebradas no estado federado de Assam (India).
Lanzamento do observatorio espacial xaponés Tenma .
22 de febreiro
Finaliza en Alxer a reunión do Consello Nacional Palestino, coa reelección de Iaser Arafat como presidente da OLP.
José María Ruiz-Mateos declara nunha rolda de prensa que "Rumasa non precisa diñeiro do estado para subsistir".
23 de febreiro - Nacionalización de Rumasa por parte do goberno español de Felipe González .
24 de febreiro - O Goberno español aproba o proxecto de incompatibilidades para os altos cargos.
25 de febreiro - Apróbanse en España os Estatutos de Autonomía de Baleares ,[ 1] Castela e León [ 2] , Estremadura [ 3] e Madrid .[ 4]
28 de febreiro - Lánzase por primeira vez ao mercado o CD .
7 de marzo - Comézase a transmitir, en Estados Unidos a canle TNN, logo renomeada Spike TV .
8 de marzo - O presidente estadounidense Ronald Reagan chama á Unión Soviética "imperio do mal".
9 de marzo - A Canle 8 de Televisa cambia a súa orientación ao converterse en canle cultural. 2 anos máis tarde cambia a súa frecuencia á Canle 9.
22 de marzo - Nomeado presidente de Israel o laborista Haim Herzog .
23 de marzo - Ronald Reagan anuncia o Sistema Estratéxico de Defensa, coñecido como Guerra das Galaxias (Pola película Star Wars ).
31 de marzo - Colombia - Un terremoto destrúe a cidade de Popayán .
18 de abril
23 de abril - Si La Vie Est Cadeau , de Corinne Hermès , gaña por Luxemburgo a XXVIII Edición de Eurovisión celebrada en Múnic .
6 de maio - A revista alemá Stern publica os Diarios de Hitler . Máis tarde descubrirase que son falsificacións.
8 de maio - Eleccións municipais en España (2ª lexislatura).
9 de maio - O papa Xoán Paulo II retira a condena a Galileo Galilei .
25 de maio - Estrea do filme O regreso do Jedi nos Estados Unidos.
30 de maio - Fundación do Parlamento das Canarias
9 de xuño - Vitoria esmagadora do partido conservador de Margaret Thatcher nas eleccións británicas.
24 de xuño - Suicidio na Habana do expresidente cubano Osvaldo Dorticós
18 de agosto - O furacán Alicia golpea a costa de Texas , causando a morte de 22 persoas e cuantiosos danos materiais.
26 de agosto - Inundacións en Euskadi, Navarra e Burgos, causando 39 falecidos.
30 de agosto - Asasinato do intendente de Santiago de Chile , xeneral (R) Carol Urzúa , xunto cos seus dous escoltas. O atentado na súa contra reivindicouno o Movemento de Esquerda Revolucionaria .
1 de setembro - Cazas soviéticos derriban por erro a un avión comercial surcoreano con 269 pasaxeiros. (Ver Voo 007 de Korean Air )
10 de setembro - Inicio de emisións de "Televisió de Catalunya" (TV3)
23 de setembro - Na Arxentina , un operario comete un erro durante a reconfiguración dun panel de combustible, causando un accidente de criticidade, nun reactor experimental.
27 de setembro - Richard Stallman anuncia o desernrrolo do sistema operativo GNU .
3 de outubro - Xapón : entra en erupción o monte Oyama , destrúe 400 casas, incendia zona boscosa e unha lagoa.
5 de outubro - Descobremento do Asteroide 9007 James Bond
13 de outubro - O municipio murciano de Los Alcázares independízase dos municipios de San Javier e Torre Pacheco .
29 de outubro - Un terremoto en Turquía produce a morte de 1.330 persoas.
30 de outubro - Primeiras eleccións democráticas na Arxentina tras sete anos de ditadura militar.
15 de novembro - A parte turca de Chipre declárase independente.
17 de novembro :
27 de novembro : - Accidente aéreo en Madrid, dun avión Boeing 747 da aeroliña Avianca , que estaba a cubrir o voo Charles de Gaulle París - El Dorado Bogotá .
10 de decembro - Raúl Alfonsín asume a presidencia da Arxentina.
17 de decembro :
Un incendio nunha discoteca de Madrid causa a morte de 83 persoas.
Un coche bomba do IRA mata a 6 persoas e produce 90 feridos en Londres .
21 de decembro : - España gaña por 12 goles a 1 a Malta no estadio Benito Villamarín de Sevilla para a clasificación da Eurocopa de 1984.
31 de decembro :
24 de xaneiro - George Cukor , director de cine estadounidense (n. 1899 ).
27 de xaneiro - Louis de Funès , actor francés (n. 1899 ).
28 de xaneiro - Frank Forde , primeiro ministro de Australia (n. 1890 ).
4 de febreiro - Karen Carpenter , cantante e música estadounidense (n. 1950 ).
25 de febreiro - Tennessee Williams , dramaturgo estadounidense (n. 1911 ).
3 de marzo - Hergé , escritor belga (n. 1907 ).
3 de marzo - Arthur Koestler , escritor austríaco (n. 1905 ).
9 de marzo - Ulf von Euler , fisioloxista sueco, Premio Nobel (n. 1905 ).
15 de marzo - Rebecca West , escritora e xornalista inglesa de orixe irlandesa. (m.1892 )
17 de marzo - Haldan Keffer Hartline , fisioloxista estadounidense, Premio Nobel (n. 1892 ).
24 de marzo - Lino Novás Calvo , escritor galego en castelán (n. 1903 ).
4 de abril - Gloria Swanson , actriz estadounidense (n. 1899 ).
13 de abril - Mercè Rodoreda , escritora catalá (n. 1908 ).
30 de abril - Muddy Waters , músico estadounidense (n. 1915 ).
8 de maio - John Fante , escritor estadounidense.
22 de maio - Albert Claude , biólogo belga, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1899 )
29 de xullo - David Niven , actor británico (n. 1910 ).
29 de xullo - Luis Buñuel , director de cine español.
3 de agosto - Carolyn Jones , actriz estadounidense, vítima dun cancro de colon.
17 de agosto - Ira Gershwin , compositor estadounidense (n. 1896 ).
21 de agosto - Benigno Aquino , político e periodista filipino (n. 1932 ).
31 de agosto - Isidoro Millán Mariño , avogado, político e xornalista galego (n. 1890).
10 de setembro - Felix Bloch , físico suízo, Premio Nobel de Física (n. 1905 ).
10 de setembro - B.J. Vorster , presidente surafricano (n. 1915 ).
25 de setembro - Leopoldo III , rei belga.
17 de outubro - Raymond Aron , filósofo e sociólogo francés.
20 de outubro - Xosé Manuel López Nogueira , neurólogo, psiquiatra e escritor galego (n. 1932).
16 de novembro - Janete Clair , escritora brasileira de novelas para televisión (n. 1925 ).
5 de decembro - Robert Aldrich , director de cine estadounidense.
13 de decembro - Mary Renault , escritora inglesa.
21 de decembro - Xavier Zubiri , filósofo español.
25 de decembro - Joan Miró , pintor catalán (n. 1893 )
28 de decembro - Dennis Wilson , músico estadounidense (Beach Boys ) (n. 1944 ).
Historia ano a ano