Saltar ao contido

Civilization IV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Civilization IV
Tipovideoxogo Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticovideoxogo de estratexia por quendas, 4X e xogo de estratexia a grande escala Editar o valor en Wikidata
Modo de xogovideoxogo para un xogador, videoxogo multixogador, xogo multixogador en liña e modo cooperativo Editar o valor en Wikidata
MotorGamebryo Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aSid Meier Editar o valor en Wikidata
Compositor/aJeff Briggs Editar o valor en Wikidata
DesenvolvedorFiraxis Games e Soren Johnson Editar o valor en Wikidata
ProgramadorSoren Johnson Editar o valor en Wikidata
Temática
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Editorial2K Games, Aspyr e 1C Company Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aTake-Two Interactive, GOG.com, Humble Store, Steam e Discord Store Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónDVD, disco compacto, distribución dixital e descarga dixital Editar o valor en Wikidata
PlataformaMicrosoft Windows, macOS e Mac OS Classic Editar o valor en Wikidata
Parte da serieCivilization Editar o valor en Wikidata
Premios
Composto por
Clasificación
Clasificación PEGI
Contacto
Páxina WEB2kgames.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0488998 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Civilization IV (tamén coñecido como Sid Meier's Civilization IV) é un videoxogo de estratexia para computador e a cuarta entrega da saga Civilization. Foi deseñado por Soren Johnson e producido por Barry Caudill[1] baixo a dirección de Sid Meier e desenvolvido por Firaxis Games. Estreouse en América do Norte, Europa e Australia entre o 25 de outubro e o 4 de novembro de 2005. Seguiulle Civilization V. O seu motor de xogo é Gamebryo.[2]

Foi aclamado como un produto exemplar dun dos principais produtores de videoxogos no xénero de estratexia por quendas, e foi catalogado como un dos mellores videoxogos de todos os tempos. Civilization IV vendeu máis de 3 millóns de copias ata 2008 e gañou varios premios, incluíndo varios premios ao "Xogo do Ano". A súa canción principal, "Baba Yetu", foi a primeira peza musical de videoxogos en gañar un premio Grammy. Lanzáronse dúas grandes expansións, Civilization IV: Warlords e Civilization IV: Beyond the Sword, así como o paquete de expansión autónomo Civilization IV: Colonization, que se combinaron en 2009 nunha única edición titulada Sid Meier's Civilization IV: The Complete Edition.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. PC Zone staff (6 de xullo de 2006). Computer and Video Games U.S., ed. "Interview: Looking Back... Civilization IV". pp. 1–3. 142558. Arquivado dende o orixinal (PHP) o 26 de xullo de 2010. Consultado o 28 de febreiro de 2007. 
  2. Coleman, Stephen (14 de marzo de 2005). IGN, ed. "Sid Meier's Civilization IV Powered By Gamebryo". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2007. Consultado o 04 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]