Factorio
Factorio é un videoxogo de simulación, construción e xestión desenvolvido e publicado polo estudo checo Wube Software. O xogo anunciouse a través dunha campaña de financiamento colectivo de Indiegogo en 2013 e lanzouse para Windows, macOS e Linux o 14 de agosto de 2020 tras unha fase de acceso anticipado de catro anos e críticas positivas. Posteriormente o xogo foi lanzado en Nintendo Switch o 28 de outubro de 2022. Hai modos para un xogador e multixogador, así como oito escenarios de xogo adicionais.
Os autores lanzaron Factorio: Space Age, unha expansión do xogo base, o 21 de outubro de 2024.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]O videoxogo segue a historia dun enxeñeiro que aterra nun planeta alieníxena e debe coller recursos e crear unha industria automatizada para construír un foguete; non obstante, como é un videoxogo sandbox, os xogadores poden continuar o xogo despois do final da historia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Friday Facts #418 - Space Age release date". factorio.com. Consultado o 2024.