Max Jacob

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Max Jacob
Nome completoMax Jacob Alexandre
AlcumeMorven le Gaëlique e Léon David
Nacemento12 de xullo de 1876
Lugar de nacementoQuimper
Falecemento5 de marzo de 1944
Lugar de falecementoCampo de deportação de Drancy
Causabroncopneumonia
SoterradoSaint-Benoît-sur-Loire
NacionalidadeFrancia
RelixiónIgrexa católica
Alma máterÉcole coloniale e Facultade de Dereito de París
Ocupaciónpintor, poeta, escritor, crítico literario, crítico de arte, ensaísta, prosista, tradutor, debuxante, artista, litógrafo, ilustrador, pastellist, acuarelista e artista visual
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra, Concours général e mort pour la France
Na rede
Musicbrainz: 48b119ed-5d2f-4e84-93dc-c52746d0d42d Discogs: 1308308 IMSLP: Category:Jacob,_Max WikiTree: Alexandre-107 Find a Grave: 10067178 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Max Jacob, retrato de Amedeo Modigliani

Max Jacob, nado en Quimper, na Bretaña, o 12 de xullo de 1876 e finado nun campo de concentración de Drancy o 5 de marzo de 1944, foi un escritor, poeta, dramaturgo e pintor francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi amigo de Pablo Picasso. Abandonou os estudos para seguir os cubistas que se instalaron en Montmartre, onde entre outros persoeiros amigou con Apollinaire, Modigliani e Juan Gris. A súa produción inicial foi intensa, malia que moitos dos seus primeiros escritos non se conservan. A súa obra Saint Matorel, de 1909, constitúe a súa primeira creación literaria de relevo no xénero da novela mística. Tamén participou das tendencias do neoimpresionismo na pintura, e do surrealismo e o dadaísmo na literatura. Uha obra destacada de Jacob foi Le siège de Jérusalem, publicada en 1914, coincidindo coa súa conversión ao catolicismo.

Outras obras dignas de mención foron a colección de poemas en prosa Le cornet à dés (1916), La Défense de Tartufe (1919) e Le nom (1926).

De orixe xudía, a segunda guerra mundial colleuno en Saint-Benoit, onde foi apresado e enviado ao campo de concentración de Drancy, onde morreu en 1944. Foi soterrado en 1949 en Saint-Benoît-sur-Loire.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Historia do rei Kabul I e do pinche Galván[1] (1903)[2]
  • Le Christ à Montparnasse
  • Saint-Matorel (1911)
  • La Côte (1911)
  • Œuvres burlesques et mystiques de Frère Matorel (1912)
  • Le Siège de Jérusalem‚ grande tentation céleste de Frère Matorel (1914)
  • Le Cornet à dés (1916) qui lui apporte la notoriété
  • Le Phanérogame (1918)
  • La Défense de Tartufe (1919)
  • Cinématoma (1920)
  • Le Laboratoire central (1921)
  • Le Roi de Béotie (1921)
  • Le Cabinet noir (1922)
  • Art Poétique (1922)
  • Filibuth ou o reloxo de ouro[3] (Filibuth ou la Montre en or, 1923)
  • Le Terrain Bouchaballe (1923)
  • Les Tabar (1924) in Selection 3 12/1924 (pp 209-219)
  • Visions infernales (1924)
  • L'Homme de chair et l'Homme reflet (1924)
  • Les Pénitents en maillots roses (1925)
  • Le Fond de l'eau (1927)
  • Le Tableau de la Bourgeoisie (1929)
  • Rivage (1931)
  • Bourgeois de France et d'ailleurs (1932)
  • Ballades (1938)
  • Derniers Poèmes (1945)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha da obra Arquivado 17 de xuño de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  2. Traducido ao galego por Henrique Harguindey e publicado por Ir Indo en 1999.
  3. Traducida por Isabel Soto e publicada pola Editorial Hugin e Munin en 2018.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]